O BNG de Guitiriz NON asistirá á "Festa dos Xubilados"

O BNG de Guitiriz NON asistirá á "Festa dos Xubilados"

Guitiriz, 21 de maio de 2025.- Dende o grupo municipal do Bng de Guitiriz queremos poñer en coñecemento da veciñanza as razóns polas que NON asitiremos á "Festa dos Xubilados" que se celebrará o vindeiro 22 de maio en Guitiriz.


Tras recibir o convite por parte do concello para a asistencia a dito evento, en tempo e forma confirmouse por parte deste grupo a asistencia da concelleira Mónica Roca. Ao mesmo tempo tamén se comunicou a súa vontade de ocupar un sitio en calquera das mesas dispostas para a veciñanza sen que fose necesario de ser o caso, de ter ningún asento reservado ou preasignado en ningunha mesa concreta.


No día de hoxe, e mentras a concelleira nacionalista realizaba un trámite administrativo na casa do concello foi interpelada pola señora alcaldesa, Marisol Morandeira, para facerlle saber que non podía ocupar "calquera sitio" no medio da veciñanza, posto que era un convite feito polo concello e tería que estar no sitio designado para a corporación.


"Dende o Bng de Guitiriz sempre entendemos esta celebración dende unha perspectiva social, como un acto de convivencia entre/co sector da poboación que en xeral, disfruta de menos momentos de sociabilidade" explica Mónica Roca.


Pero, tendo en conta os últimos cambios que se produciron na organización, "esta festa alónxase moito do que entendemos como un acto social pasando a ser unha sesión fotográfica máis da señora alcaldesa" advirte Roca e ademais, "non imos aceptar, que precisamente pretendendo ser un acto de convivencia cos nosos veciños se nos obrigue/impoña ocupar un sitio que; sen atender a máis razóns que o capricho de quen organiza, nos impida compartir mesa coa nosa veciñanza" conclúe Roca

O BNG de Guitiriz NON asistirá á "Festa dos Xubilados"