O BNG en Guitiriz urxe celeridade na construción da residencia da teceira idade
O portavoz municipal e concelleiro, Xosé Lois Souto ‘Pereira’, sinalou que “non se está tomando ningunha medida para comezar as obras no soar da antiga Casa da Botica”
O Bloque propón que o proxecto da residencia sexa elixido pola veciñanza
Guitiriz, 06 de abril de 2021.- O Bloque Nacionalista Galego en Guitiriz insta ao goberno municipal que axilice a iniciación do proxecto da residencia da terceira idade, a cal construirase no soar da antiga Casa da Botica.
O Bloque mantivo diversas reunións coa corporación municipal para dar unha saída a este soar, onde propuxo abrir un concurso de ideas aberto para que a veciñanza achegue a súa preferencia de proxecto, e deste xeito, pór en marcha a súa construción.
O portavoz municipal e concelleiro do BNG , Xosé Lois Souto ‘Pereira’, sinalou que a residencia da terceira idade, a cal xa tiña que estar feita na antiga edificación, segue paralizado por mor da falta de iniciativa do goberno municipal como da Deputación de Lugo, ámbolos responsábeis da súa construción. O concelleiro declarou que “nin o goberno local nin a Deputación de Lugo están tomando medidas para comezar as obras da residencia no soar da antiga Casa da Botica, a que en xaneiro derrumbouse e aínda continúan alí os refugallos”
'Pereira' fixo fincapé en que “o goberno local e a Deputación teñen que tomar medidas xa para pór en marcha un proxecto, xa que o novo prazo desta obra remata en agosto de 2022 e non se pode agardar máis tempo para iniciala, temos que dotar un proxecto e cumprir a construción desta infraestrutura tan necesaria para Guitiriz”