O BNG impulsa iniciativas no Congreso para investigar o derrubamento do viaduto da A-6

A deputada por Lugo no Parlamento galego, Olalla Rodil “débense explicar os motivos deste suceso”

O Bloque sinala a falta de investimento do Estado en matemento das infraestruturas en Galiza

O BNG impulsa iniciativas no Congreso para investigar o derrubamento do viaduto da A-6

Lugo, 08 de xuño de 2022.- O Bloque Nacionalista Galego impulsa diferentes iniciativas no Congreso dos Deputados para investigar o derrubamento do viaduto do Castro da autovía A-6, próximo á localidade de Pedrafita do Cebreiro.

Olalla Rodil, deputada no Parlamento galego por Lugo, explicou “débense explicar os motivos do derrubamento desta ponte, a que xa mantiña deficiencias estructurais e levaba case un ano en arranxo” no que destacou “desde o BNG pedimos que se analice non só nese punto, senón en toda a infraestrutura para deslucir deficiencias”

A formación nacionalista destaca que o estado xeral desta infraestrutura estatal mantén deficiencias por todo o seu trazado “o Goberno do Estado mantén nun abandono constante o mantemento e a conservación da nosa rede viaria, como se puido contemplar neste caso da A-6” sinalou Olalla Rodil.

O BNG xa desenvolveu en diferentes ocasións accións peticións para mellorar o investimento desta infraestrutura, como por exemplo, nas emendas dos derradeiros Orzamentos do Estado.

 

O BNG impulsa iniciativas no Congreso para investigar o derrubamento do viaduto da A-6