Olalla Rodil “reclamamos á Xunta a paralización da cesión do pavillón do CEIP Anexa”
O Bloque presentará iniciativas no Parlamento galego para buscar unha solución alternativa ante a cesión do pavillón deste colexio da cidade de Lugo
Rodil “o goberno da Xunta de Galiza está a provocar un conflito onde non debería existir”
Lugo, 08 de xuño de 2022.- O Bloque Nacionalista Galego trasladará ao Parlamento galego as inquedanzas da ANPA do CEIP Anexa de Lugo por mor da cesión do pavillón deste centro á Facultade de Maxisterio da USC.
A deputada do BNG, Olalla Rodil, explicou que a formación nacionalista reclamará a paralización da cesión do pavillón deste centro até que se procure “unha solución alternativa que garanta os dereitos tanto do alumnado da Anexa como do estudantado de Maxisterio”
Neste senso, Olalla Rodil sinalou “debe garantirse sempre a máxima calidade educativa e os dereitos do alumnado do ensino obrigatorio, estamos falando de case 500 nenas e nenos”.
De igual xeito, a deputada fixo fincapé en que “o goberno da Xunta de Galiza está a provocar un conflito onde non debería existir” polo que solicita ao Goberno que “recapacite e dialogue para consensuar, tanto coa comunidade educativa do colexio como coa universidade para pór por diante o interese xeral” declarou Rodil.