Rubén Arroxo e Alexandre Penas visita a pasarela de Fontiñas con representantes de colectivos vencellados á accesibilidade

Rubén Arroxo: "esta infraestrutura mellorará a accesibilidade e dará solución a unha solicitude da veciñanza de Fontiñas"

Hoxe realizouse a proba de carga da pasarela, un dos últimos pasos antes do remate da actuación

Rubén Arroxo e Alexandre Penas visita a pasarela de Fontiñas con representantes de colectivos vencellados á accesibilidade

Lugo, 31 de marzo de 2022. O Tenente Alcalde e concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, xunto co edil de Infraestruturas, Alexandre Penas e persoal municipal, mostraron a representantes de colectivos vencellados coa accesibilidade os avances realizados na construcción da pasarela do Centro de Saúde de San Roque. O Tenente Alcalde explicou que "os traballos de construcción da pasarela están xa nas súas últimas fases", e engadiu “hoxe pasouse a proba de carga, un dos últimos pasos antes de que a infraestrutura esté completamente rematada”.

A pasarela construída polo Goberno de Lugo une o comenzo da rampa que da acceso ao centro médico coa parte alta da escalinata Primavera, pasando por riba da entrada do carril do xuízo, segundo o estipulado na normativa vixentes sobre accesibilidade e permitindo o paso de vehículos pola parte inferior. Isto permite conectar este centro de Saúde coa Rolda de Fontiñas sen ter que subir as costas, aproveitando o ascensor de Fontiñas.

 A pasarela terá un gálibo de máis de 4 metros, permitindo a circulación de vehículos pola súa parte inferior, e ten unha lonxitude de 34,68 metros

Rubén Arroxo explicou que "desde a área de Mobilidade estudamos, desde a nosa chegada ao goberno, as distintas alternativas para darlle solución a este obstáculo, especialmente importante na unión do Centro de Saúde coa rúa Primavera e coa rúa Peña Anda, dando continuidade ao ascensor xa instalado e solucionando unha reclamación da veciñanza da zona".

 

Rubén Arroxo e Alexandre Penas visita a pasarela de Fontiñas con representantes de colectivos vencellados á accesibilidade