Rubén Arroxo: “o goberno galego ten que garantir que as alumnas e alumnos do CEIP Anexa poidan acceder ao pavillón”

undefined

O portavoz do BNG participou na mobilización convocada polas familias do centro hoxe pola mañá

O BNG presenta unha moción ao seguinte pleno na que reclaman que a Xunta procure unha solución urxente para garantir as instalacións precisas para a Facultade de Formación do Profesorado e o colexio

Rubén Arroxo: “o goberno galego ten que garantir que as alumnas e alumnos do CEIP Anexa poidan acceder ao pavillón”

Lugo, 10 de xuño 2022. As concelleiras e concelleiros do BNG participaron esta mañá na mobilización convocada polas familias do CEIP Anexa, reclamando unha solución que lles permita continuar a utilizar o pavillón do centro. Arroxo anunciou que o BNG vén de presentar unha moción de cara ao vindeiro pleno, reclamando que “a Xunta de Galiza busque unha solución que garanta que as 500 alumnas e alumnos deste centro de ensino teñan acceso ao pavillón”.

Arroxo lembrou que “é responsabilidade do goberno galego buscar o conseso entre as familias, a USC e o centro para garantir que ambas comunidades teñan acceso ás instalacións necesarias para desenvolver as súas actividades”.

A moción presentada no Concello de Lugo únese á iniciativa presentada pola deputada do BNG no Parlamento de Galiza, Olalla Rodil, que trasladou inquedanzas das familias ante a cesión deste pavillón á facultade de Formación do Profesorado da USC, solicitando a paralización desta cesión e reclama a busca dunha solución alternativa que garanta os dereitos das e dos estudantes tanto da USC como do colexio.

Rubén Arroxo: “o goberno galego ten que garantir que as alumnas e alumnos do CEIP Anexa poidan acceder ao pavillón”