O BNG participa na concentración das traballadoras e traballadores do SAF en Vilalba
Contou coa participación da deputada por Lugo no Parlamento galego, Carme Aira
Carme Aira “hai que rachar coas condicións de precariedade deste servizo”
Vilalba, 10 de xuño de 2022.- O Bloque Nacionalista Galego apoiou ás traballadoras e traballadores do Servizo de Axuda no Fogar de Vilalba na concentración covocada pola hoxe pola CIG-Servizos. Participou a deputada por Lugo no Parlamento galego, Carme Aira, xunto con militantes e simpatizantes da organziación na localidade.
As traballadoras e traballadores do SAF reclaman unha subida salarial dun 6,5% correspondente co IPC do 2021, dereito recoñecido no seu convenio sectorial. Por isto, demandan ás administracións que teñen externalizado este servizo a que defendan os seus dereitos e obriguen ás empresas adxudicatias a cumprir esta regra.
De igual xeito, tamén reclaman a negociación dun novo convenio colectivo, xa que leva más de 12 anos sen actualizar.
A deputada Carme Aira declarou “hai que rachar coas condicións de precariedade deste servizo, é de xustiza que se recoñeza o 6,5 % de incremento salarial que recolle o seu convenio”
Neste senso, a deptuada sinalou “debemos pór en valor o traballo que desenvolven estas traballadoras e traballadores, xa que son fundamentais nunha sociedade onde os coidados deben ser o centro das políticas en benestar”