colexio
Novas

A Tenencia de Alcaldía colabora co Colexio de Arquitectos Técnicos de Lugo nunha análise da accesibilidade nas instalacións municipais

Rubén Arroxo: "Buscamos facilitar ao máximo a accesibilidade ás persoas con problemas de mobilidade, en todas as actuacións que realizamos, a accesibilidade é un dos puntos a revisar"

O COATLU, a través do seu gabinete de accesibilidade elaborará un informe sobre a accesibilidade nos edificios públicos municipais "para coñecer o estado real e planificar as actuacións de mellora que sexan necesarias"

Ler novas
Novas

Iria Buide visitou o colexio Casás

A edil de Educación continúa a visitar todos os centros de ensino de Lugo "para coñecer de primeira man as necesidades da comunidade educativa"

Buide destacou os servizos que desde o Concello se prestan aos centros educativos, como o servizo de comedores, que o asume o Concello ao non executar a Xunta a súa competencia, ou actividades como a formación viaria ou os hortos escolares

Ler novas
Novas
ALEXANDRE PENAS E RUBÉN ARROXO

Alexandre Penas: "A cuberta do pavillón deportivo do colexio de Paradai precisa unha reforma para acabar coas goteiras, actuación que é competencia da Xunta"


O edil de Infraestruturas afirmou que "hai un problema de construcción neste espazo, as canalizacións contan co mantemento axeitado por parte do concello, mais non teñen a suficiente capacidade para recoller a auga"

Penas: "É preciso que a Xunta acabe coas goteiras desta instalación na que, segundo din, xa se fixo unha renovación integral"

Ler novas
Novas
Colexio de Monterroso

O BNG propón a renovación da cuberta do patio no colexio de Monterroso

Esta medida impulsarase a través das emendas do BNG aos orzamentos do 2023 da Xunta de Galiza

Brais Vázquez, membro do BNG en Monterroso “é unha demanda da comunidade escolar a que quere unhas instalacións dignas e seguras para as crianzas”

Ler novas