BUIDE DESTACOU OS SERVIZOS QUE DESDE O CONCELLO SE PRESTAN AOS CENTROS EDUCATIVOS, COMO O SERVIZO DE COMEDORES, QUE O ASUME O CONCELLO AO NON EXECUTAR A XUNTA A SÚA COMPETENCIA, OU ACTIVIDADES COMO A FORMACIÓN VIARIA OU OS HORTOS ESCOLARES

Iria Buide visitou o colexio Casás

A edil de Educación continúa a visitar todos os centros de ensino de Lugo "para coñecer de primeira man as necesidades da comunidade educativa"

Buide destacou os servizos que desde o Concello se prestan aos centros educativos, como o servizo de comedores, que o asume o Concello ao non executar a Xunta a súa competencia, ou actividades como a formación viaria ou os hortos escolares

Iria Buide visitou o colexio Casás


 

Lugo, 10 de xuño de 2025. A concelleira de Educación e Difusión do Coñecemento, Iria Buide, visitou na xornada de hoxe o Colexio Casás, dentro do ciclo de visitas que está realizando aos distintos centros de ensino para "coñecer de primeira man as necesidades da comunidade educativa e poder planificar o traballo da concellería ao longo do ano". 

Na visita, Buide destacou os servizos que a Concellería de Educación presta aos distintos centros, "non só con servizos como o comedor, que son competencia da Xunta de Galiza, mais que, como non se fan cargo deles temos a obriga de asumir desde o Concello, senon prestando servizos que permiten mellorar a calidade das actividades do centro, como a formación en seguridade viaria no Parque Infantil de Tráfico, ou facilitando o uso do bus urbano aos centros para asistir ás actividades que realizan ao longo do curso".

Buide destacou tamén os hortos escolares, facilitados pola Concellería de Educación aos centros de ensino público como "actividades que utilizan utilizan o traballo no horto como recurso educativo, para tratar todo o que ten que ver co medio natural, o seu coidado e a concienciación ambiental". Ao mesmo tempo, as actividades pretenden ser unha ferramenta para espallar as tradicións galegas relacionadas co inicio da primavera.

A concelleira afirmou que "desde o Concello non só prestamos servizos aos centros, senon que traballamos para que todas as familias, independentemente da súa situación económica, poidan asumir os custos de material escolar", en referencia ás axudas para libros de texto e material escolar que cada ano convoca a Concellería, e cuxo procedemento administrativo para o curso 2025-26 está xa iniciado.

Iria Buide visitou o colexio Casás