RUBÉN ARROXO AFIRMOU QUE "É PRECISO QUE A XUNTA FAGA UNHA REHABILITACIÓN INTEGRAL DESTA INSTALACIÓN PARA REMATAR COAS GOTEIRAS QUE IMPIDEN O BO DESENVOLVEMENTO DE MOITAS ACTIVIDADES"

A Tenencia de Alcaldía apoia as reclamacións da comunidade educativa a respecto da situación do colexio de Paradai

O Goberno de Lugo renovará o alumeado da instalación, facilitando o uso do pavillón por parte da comunidade educativa e de distintos clubes deportivos

Rubén Arroxo afirmou que "é preciso que a Xunta faga unha rehabilitación integral desta instalación para rematar coas goteiras que impiden o bo desenvolvemento de moitas actividades"

A Tenencia de Alcaldía apoia as reclamacións da comunidade educativa a respecto da situación do colexio de Paradai




Lugo, 14 de xaneiro de 2025. O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que a Concellería de Educación e Difusión do Coñecemento reclamará á Xunta de Galiza unha renovación integral do pavillón deportivo do CEIP Paradai. O Tenente Alcalde anunciou que o Goberno de Lugo actuará para arranxar o alumeado, renovando as luminarias fundidas, e afirmou que a Xunta "ten que arranxar a cuberta e solucionar as goteiras que supoñen molestias entre as e os usuarios da instalación", e engadiu "non se trata só da comunidade educativa, senon dun importante número de equipos de distintos deportes que usan este espazo para adestrar".

Na actualidade, esta instalación é utilizada entre as 18:00 e as 00:00 horas de luns a domingo por persoas alleas á comunidade educativa, e en horario lectivo polo estudantado do correo. As actividades en múltiples ocasións teñen que modificarse debido ás goteiras producidas polo desgaste da cuberta desta instalación.

O Tenente Alcalde lembrou que "a Xunta de Galiza ten as competencias en educación e debería encargarse de todas as cuestións relacionadas". Para Rubén Arroxo, "os servizos que os concellos prestamos aos colexios supoñen un gran esforzo ano tras ano, tanto económico como administrativo".

A Tenencia de Alcaldía apoia as reclamacións da comunidade educativa a respecto da situación do colexio de Paradai