IÑAKI VILARIÑO: ´É UNHA HONRA QUE OS E AS COMPAÑEIRAS DO BNG DE MONTERROSO DEPOSITARAN EN NÓS A SÚA CONFIANZA PARA DAR PROXECCIÓN A NOSA ORGANIZACIÓN"

O BNG de Monterroso constitúe a súa asemblea local con Iñaki Vilariño como responsábel e Lorena Novoa como vicerresponsábel

Iñaki Vilariño: ´É unha honra que os e as compañeiras do BNG de Monterroso depositaran en nós a súa confianza para dar proxección a nosa organización" 

O BNG de Monterroso constitúe a súa asemblea local con Iñaki Vilariño como responsábel e Lorena Novoa como vicerresponsábel

 

 

 

Monterroso, 15 de Xaneiro de 2024 .- O Bloque Nacionalista Galego en Monterroso ven de constituír a súa asemblea local e elixiu a través dun proceso democrático, participativo e asembleario a nova responsabilidade local da fronte nacionalista. Como froito deste proceso saíu elixido Iñaki Vilariño como responsábel local e Lorena Novoa como vicerresponsábel.

Esta responsabilidade compartida desenvólvese para mellorar o traballo político e social deste concello e deste xeito, poder chegar e afrontar as problemáticas e circunstancias cunha mellor comunicación coa veciñanza. Lorena Novoa expresou o seu agradecemento polo apoio recibido e manifestou a súa vontade «de traballar con entusiasmo en prol dos intereses de Monterroso». Neste sentido, Iñaki Vilariño fixo fincapé na corrente de simpatía hacía o BNG "día a día, máis persoas súmanse ao proxecto do BNG, somos a alternativa para acadar un novo Monterroso de futuro e progreso"

O BNG de Monterroso constitúe a súa asemblea local con Iñaki Vilariño como responsábel e Lorena Novoa como vicerresponsábel