O BNG impulsa medidas no Parlamento galego polos desbordamentos dos ríos a causa do temporal Fien

Olalla Rodil na zona afectada de Begonte con membros do BNG local

A deputada Olala Rodil achegouse até Begonte para comprobar de primeira man o estado da zona que foi anegada polo aumento dos ríos

Olalla Rodil “É preciso aplicar medidas canto antes para que as persoas efectadas poidan recuperar a normalidade

O BNG impulsa medidas no Parlamento galego polos desbordamentos dos ríos a causa do temporal Fien

Lugo19 de xaneiro de 2023.- A deputada por Lugo do BNG no Parlamento galego, Olalla Rodil, visitou hoxe Begonte para comprobar en situ as consecuencias do desbordamento dos ríos por mor do temporal Fien, o que ocasionou grandes danos e incluso o desprazamento da veciñanza que habita perto dos leitos.

Por isto, o BNG impulsou no Parlamento de Galiza diferentes iniciativas para o pleno que se celebrará a vindeira semana, nas que se demanda coordinación dos Concellos, a FEGAMP, as Diputacións e o Estado para levar a cabo medidas para reparar os danos causados.

Ante esta proposta, Olalla Rodil anunciou “instamos á Xunta como aos Concellos e á FEGAMP a avaliar os danos provocados e analizar medidas para a reparación, como tamén, que o Goberno galego dote dun fondo económico para colaborar cos concellos afectados”

Neste senso, a deptuada destacou “é preciso aplicar medidas canto antes para reparar os danos causados polos desbordamentos dos ríos e que as persoas efectadas poidan recuperar a normalidade

De igual xeito, Olalla Rodil salientou que é imprescindíbel a colaboración entre as diferentes administracións “cómpre coordinación e boa comunicación entre todas as administracións para dotar axudas ás persoas máis afectadas, que viron como as súas casas ou estabelecementos quedaron cheos de auga”

 

O BNG impulsa medidas no Parlamento galego polos desbordamentos dos ríos a causa do temporal Fien