O BNG contacta coas asociacións que forman parte da Federación de asociacións Veciñais

undefined

O consello local do BNG de Lugo enviou unha comunicación ás asociacións tras a aparición en prensa dunha carta criticando as declaracións do actual presidente da Federación

Para o BNG, o uso electoralista dos actos da Federación forma parte doutro tempo que debería estar superado

O BNG contacta coas asociacións que forman parte da Federación de asociacións Veciñais

Lugo, 19 de xaneiro de 2023. O consello local do BNG de Lugo contactará coas asociacións que forman parte da Federación de Asociacións Veciñais tras coñecer as últimas declaracións do actual presidente realizadas nunha xuntanza e que foron denunciadas nunha carta publicada na prensa local. O BNG aposta polo asociacionismo e pola participación veciñal co obxectivo de defender os intereses da veciñanza, e califica como “accións que forman parte doutro tempo e deberían estar superadas” o uso electoralista por parte da actual presidencia da Federación das actividades e actos organizados.

O consello local do BNG valora o traballo das veciñas e veciños que dentro do movemento veciñal traballan en positivo para mellorar a cidade, e lembra que todas as persoas que representan ao BNG nas distintas institucións están ao servizo da veciñanza e das distintas asociacións.
O  BNG leva tempo recibindo insultos, mentiras e ataques sobre o traballo por parte do actual presidente da Federación Veciñal, Jesús Vázquez. O consello local do BNG de Lugo é consciente de que esas declaracións non reflexan o sentir das diferentes asociacións veciñais que el di representar. O BNG seguirá traballando por unha sociedade democrática e participativa na que a veciñanza sexa a protagonista

 

O BNG contacta coas asociacións que forman parte da Federación de asociacións Veciñais