Cristina López: “a candidata do PP promete en Lugo cousas que a Xunta non cumple”

Cristina López xunto a Felipe Rivas e Rubén Arroxo, arquivo
Cristina López xunto a Felipe Rivas e Rubén Arroxo, arquivo

A concelleira de Participación afirmou que “a veciñanza de Lugo puido pedir cita para hoxe pola mañá no rexistro do Concello, mentres que as citas no rexistro da Xunta estaban esgotadas ata mañá”

Cristina López: “a candidata do PP promete en Lugo cousas que a Xunta non cumple”

Lugo, 17 de xaneiro de 2023. A concelleira de Participación, Cristina López, saíu ao paso das declaracións da candidata do PP sobre a cita previa no rexistro municipal. Cristina López afirmou que “a candidata do PP promete cousas para a veciñanza de Lugo que o goberno da Xunta non cumpre”, en referencia á necesidade de solicitar cita previa nas oficinas de rexistro da Xunta de Galiza.

“Hoxe pola mañá, a veciñanza de Lugo podía pedir cita no rexistro municipal para recibir atención no mesmo día”, explicou a edil responsábel do Rexistro Municipal, que engadiu “as persoas con cita que finalmente non poidan acudir teñen a opción de anular a cita e o persoal do Concello de Lugo atende ás cuestións urxentes aínda que non haxa horas libres na plataforma”.

A concelleira criticou que “ante a falta de proxecto de cidade do PP, a súa candidata está a confundir á veciñanza utilizando a mentira sobre o rexistro municipal sen fixarse no da Xunta, onde goberna o PP”, e engadiu “ela debería sabelo, dado que é habitual a súa presencia na sede da xunta en Lugo”.

 

Cristina López: “a candidata do PP promete en Lugo cousas que a Xunta non cumple”