O BNG impulsará no Parlamento galego a reparación dos danos producidos polo parque eólico da Serra do Oribio

Bloque felicita ao ecoloxismo e a loita veciñal tras a sentenza do Tribunal Supremo que dá por anulado definitivamente a autorización deste parque eólico

Olalla Rodil “esta sentenza evidencia como o Partido Popular na Xunta pon por riba do cumprimento da lei os intereses dun puñado de empresas”

O BNG impulsará no Parlamento galego a reparación dos danos producidos polo parque eólico da Serra do Oribio

Lugo, 11 de outubro de 2022.- O Bloque Nacionalista Galego impulsará no Parlamento galego iniciativas para reclamar a reparación do dano causado na promoción do parque eólico na Serra do Oribio, no concello de Samos, tras a resolución da sentenza do Tribunal Supremo que anula definitivamente a autorización da súa construción.

Cómpre lembrar que a Serra do Oribio forma parte das áreas protexidas no ámbito da Rede Natura 2000. A Xunta en mans do Partido Popular pretendía dar por válida unha declaración de impacto ambiental de hai 14 anos, para permitir que se construíse un parque eólico neste espazo protexido de enorme valor patrimonial.

A deputada do BNG por Lugo, Olalla Rodil declarou “felicitamos o movemento ecoloxista e veciñal pola vitoria xudicial que paraliza de maneira definitiva a construción do parque eólico da Serra do Oribio” no que destacou “unha sentenza máis que pon en evidencia como o Goberno do PP na Xunta pon por riba do cumprimento da lei os intereses dun puñado de empresas”.

Olalla Rodil fixo fincapé que a sentenza do Supremo supón un punto de inflexión na política eólica da Xunta “debe rematar a política do espolio dos recursos e a depredación do territorio, a Xunta debe garantir a protección do medio e os dereitos da poboación, especialmente da que vive no rural” sinalou a deputada.

O BNG impulsará no Parlamento galego a reparación dos danos producidos polo parque eólico da Serra do Oribio