Cristina López visita a XXIX Feira do Mel, que reúne a 24 productoras e productores durante esta fin de semana
A edil de Participación achegouse xunto co Tenente Alcalde, Rubén Arroxo ata a praza da Soidade, onde se está a desenvolver a Feira do Mel
A área de Participación organiza unha cata de mel este domingo a partir das 13 horas, con representantes do consello regulador da IXP Mel de Galiza
Lugo, 08 de outubro de 2022. A Concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, visitou xunto co Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, a XXIX edición da Feira do Mel de Lugo, que se celebra esta fin de semana na praza da Soidade e conta coa participación de 24 productoras e productores de Lugo. Cristina López declarou que "a feira do mel volve con novas actividades, agardando superar o número de visitantes do ano pasado".
A Feira do Mel terá lugar hoxe, sábado 8 e mañá, domingo 9 entre as 10 e as 20 horas, e conta con espazos para que os distintos productores e productoras vendan mel de calidade, producido nas terras de Lugo
A área de Participación organiza, dentro da propia feira, unha cata de meles a cargo de representantes do consello regulador da IXP Mel de Galiza. A cata terá lugar ás 13 horas o domingo, e o sábado a partir das 12:00 celebrarase un obradoiro de elaboración de candeas.
O San Froilán continúa hoxe con 25 actividades, entre as que destaca a visita guiada dos Pelúdez ao cemiterio municipal de San Froilán, e os concertos de Anni B Sweet & Los Estanques en Santa María (21:00), Dvicio na Horta do Seminario (22:00) e Joe Crepúsculo en Santa María (23:00).