Volve a Letra das Festas ao San Froilán, baixo o título Vir ao San Froilán. Memorias e anécdotas de cando se vén ao San Froilán
Rubén Arroxo e Maite Ferreiro asistiron á 12 edición do espazo organizado pola AELG no Vello Cárcere
Lois Pérez e Antonio Reigosa presentaron o acto, que contou coa ambientación musical de Luís Monsalve
Lugo, 06 de outubro de 2022. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo e a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, asistiron á 12 edición da Letra das Festas, a revista oral do San Froilán que se realizou no Vello Cárcere baixo o título Vir ao San Froilán. Memorias e anécdortas de cando se vén ao San Froilán.
A recolleu memorias, anécdotas e historias da xente de fóra de Lugo que veu e volveu á gran festa do outono galego. Antonio Reigosa e Lois Pérez foron os encargados de presentar a nova edición da Letra das Festas, que contou coa animación musical do pianista lucense Luís Monsalve, e coas intervencións de Anxo García, Noemí Fernández Fusalba, Xosé Espín, Ramudo, Orestes Currás e Marta Veiga Izaguirre.
O programa do San Froilán continúa hoxe con máis actividades, entre as que destacan dous espectáculos infantís no San Froilán Miúdo, pasarrúas e os concertos de Ana Bacalhau e Yin Yin.