O BNG PRESENTOU UNHA EMENDA NO PLENO DE CASTROVERDE PARA QUE CONCELLO E DEPUTACIÓN ACORDEN O FUTURO DA RESIDENCIA, PERO FOI REXEITADA

O BNG lamenta que a residencia de Castroverde sexa “outro escenario das liortas do PSOE”

IMG_7471
Xosé Gómez, voceiro do BNG en Castroverde

Para o BNG “utilizase a residencia para atacar ao presidente da Deputación, que está noutro bando, sen importar moito o futuro da residencia” 

O BNG lamenta que a residencia de Castroverde sexa “outro escenario das liortas do PSOE”

Lugo, 13 de xullo 2018. A voceiro do BNG en Castroverde lamentou que “se utilice a Residencia de Castroverde como arma arroxadiza entre os diferentes bandos do PSOE” e explicou “non ten xeito que o Concello pretenda asumir a xestión deste centro por que os recursos municipais non son suficientes e nunca tería capacidade de construír unha residencia deste tipo por si só e moito menos de xestionala”.

“Dado que Castroverde non se incluíu no grupo de concellos que asinaron o proxecto de convenio para a xestión das residencias, neste momento esa posibilidade de financiación non existe nin se prevé que vaia existir non futuro” explicou o voceiro do BNG e sinalou “todo este problema deriva nunha primeira etapa da incompetencia do PSOE na Deputación e o seu uso exclusivamente electoralista das residencias”.

Xosé Gómez lembrou que o O BNG presentou unha emenda no pleno de Castroverde para que Concello e Deputación acorden o futuro da Residencia, pero foi rexeitada. A emenda presentada polo BNG dicía textualmente:  O Pleno do concello insta ao Alcalde de Castroverde e o Presidente da Deputación de Lugo a que se senten a falar, colaborar e acordar unha solución inmediata para poñer en servizo a Residencia de persoas maiores e Centro de Día “O Castro” de Castroverde

Para o BNG “o único motivo que impide a apertura das residencias  promovidas dende a Deputación é exclusivamente ao enfrontamento interno existente no PSOE e a súa loita polo poder tanto no partido como na Deputación”. Esa guerra sen tregua está a pagala o conxunto da cidadanía que ven como despois de varios anos coas residencias construídas, estas seguen sen abrirse e, polo que parece, seguirán sen abrir aínda bastante tempo máis. Esta situación é aínda peor en Castroverde, pois parece que quedou soa e no bando que vai perdendo co que as posibilidades de que se poña a andar son aínda moito máis remotas.  A xente de Castroverde paga os resultados deste enfrontamento.

O BNG lamenta que a residencia de Castroverde sexa “outro escenario das liortas do PSOE”