AS PERSOAS RESIDENTES RECLAMAN A MELLORA DO PAVIMENTO DAS RÚAS E BEIRARRÚAS DOS VIAÍS DO ENTORNO DA URBANIZACIÓN

O BNG lémbralle ao goberno municipal que “están pendente de amaño as rúas de Castro Gil”

IMG_8174
Rubén Arroxo, Maite Ferreiro e Alexandre Penas nunha visita á Urbanización Castro Gil

“A zona está abandonada dende os anos 90 e o concello non fixo ningunha actuación a pesar de cobrar os impostos correspondentes” sinalou Rubén Arroxo

O BNG lémbralle ao goberno municipal que “están pendente de amaño as rúas de Castro Gil”

Lugo, 29 de xaneiro de 2019. Rubén Arroxo anunciou que presentará unha iniciativa na comisión correspondente para “lembrarlle ao goberno municipal que as rúas da Urbanización de Castro Gil, na Fervedoira, están pendentes de amaño”. Arroxo sinalou que xa se aprobaron iniciativas no Pleno da Corporación e que o propio responsable de infraestruturas lles anunciou ás veciñas e veciños que “se farían as obras necesarias para mellorar as condicións dos viais”.

Arroxo sinalou que “dende os anos no 90 non se fixo ningunha intervención “seria” neste núcleo do concello no que viven unhas 35 familias. Neste momento rúas e beirarrúas precisan dun arranxo e ademais existe un problema notable de falta coidado do entorno. Arroxo e engadiu “entendemos que teñen dereito a que se atendan as súas demandas por que se lles está a cobrar o IBI polas súas vivendas e, ademais, o concello deulles todas as dotacións públicas como alumeado, abastecemento de auga e saneamento, ademais do servizo de recollida de lixo”.

Para o BNG trátase dunha ”intervención de baixo custo” xa que as rúas desta urbanización non teñen unha grande lonxitude e, segundo Rubén Arroxo, o concello podería acometer o seu asfaltado sen problema. Arroxo lembrou que “vemos ano trás ano como o goberno municipal non é capaz de gastar o orzamento anual mentres que zonas como esta están abandonadas dende fai moitos anos”.

O BNG lémbralle ao goberno municipal que “están pendente de amaño as rúas de Castro Gil”