A DEPUTADA MONTSE VALCÁRCEL: "O PECHE DO CONSULTORIO DE CASTRO DE REI SUPÓN QUE MÁIS DE 1000 PERSOAS SE TEÑAN QUE DESPRAZAR PARA TER ATENCIÓN MÉDICA"
O BNG leva ao Parlamento Galego unha bateria de iniciativas para que se aclare a situación na que queda o consultorio de Castro de Rei
A deputada Montse Valcárcel: "O peche do consultorio de Castro de Rei supón que máis de 1000 persoas se teñan que desprazar para ter atención médica"
O BNG presentará iniciativas para esixir á Xunta máis recursos e a reactivación do servizo sanitario
Castro de Rei, 29 de xuño de 2024 .-A deputada por Lugo no Parlamento galego do Bloque Nacionalista Galego, Montse Valcárcel, presentou no Parlamento Galego unha bateria de iniciativas para instar ao goberno galego a que aclare a situación na que queda o consultorio de Castro de Rei durante os meses de verán e tamén despois do verán, tras a aparición dun cartaz na porta do consultorio onde advertía que o consultorio estará pechado dende o 15 de xuño ao 15 de setembro
Montse Valcárcel declarou que "malia o grave prexuízo que esto supón para as máis de 1000 persoas que teñen a súa atención sanitaria neste centro o SERGAS nin tan sequera se dirixiu de forma directa aos usuarios e usuarias, fixoo a través dun cartaz"
A deputada asegurou até o de agora o centro de saúde de Castro de Rei prestaba atención sanitaria de luns a venres entre as 10,00horas e as 14,00 horas, a partir de agora esta poboación terá que desprazarse un mínimo de 15 quilómetros para recibir atención "o que supón unha vulneración dos seus dereitos fundamentais pois a unha poboación moi avellentada supoñen un esforzo asistir ao centro de saúde" explicou Montse Valcárcel.
A nacionalista defendeu que "é preciso dar a volta ás políticas aplicadas nos últimos anos á sanidade pública galega. Para rachar a precariedade do SERGAS é imprescindíbel dotalo de máis recursos materiais e humanos, especialmente na atención primaria" dixo Montse Valcárcel.