A DEPUTADA NO PARLAMENTO GALEGO, CARME AIRA PRESENTOU UNHA SERIE DE INICIATIVAS ANTE A SITUACIÓN QUE SE ESTA A VIVIR NO CONCELLO DO PÁRAMO, QUE ESTA PRIVANDO Á VECIÑANZA DUNHA SANIDADE DIGNA
O BNG leva ao Parlamento Galego a crítica situación da sanidade pública no Páramo
A deputada no Parlamento Galego, Carme Aira presentou unha serie de iniciativas ante a situación que se esta a vivir no concello do Páramo, que esta privando á veciñanza dunha sanidade digna
O centro de saúde do Páramo vive nestes momentos unha situación de caos debido a decisión da Xunta de Galiza de non cubrir vacantes" denunciou a deputado do BNG
O Páramo, 08 de decembro de 2023.- O BNG a través da deputada no Parlamento Galego, Carme Aira, presentou unha serie de iniciativas para denunciar a situación sanitaria que se vive no Páramo.
A Sanidade Pública no Páramo é máis necesaria que nunca, debido ao avellentamento poboacional e a dificultade que supón para as persoas maiores o desprazamento autónomo, e a perda de calidade de vida que están a sufrir debido á falta de asistencia facultativa ordinaria en horario completo tal e como viñan tendo.
Carme Aira sinala "agora mesmo a falta de unha facultativa está sendo cuberta algúns días en xornada parcial por profesionais variados que van en horarios distintos dependendo dos días, isto dificulta o traballo do persoal habitual do centro e fai que as usuarias e usuarios sexan sufridoras dunha perda de calidade asistencial, moi ao pesar do persoal do Centro de Saúde "
O cartel de persoal sanitario facultativo ten unha elevada media de idade no concello do Páramo, "polo que en breve terán que enfrontar a falta de outra médica o cal pon severo risco a asistencia sanitaria en atención primaria neste concello" sinala Carme Aira, perdendo así de vista as características propias desta atención como a universalidade, a equidade e a accesibilidade, que son fundamentais para a mellora da esperanza e calidade de vida das persoas
A deputada afirmou que "a Xunta de Galiza pretende reducir a atención no centro nun proceso de desmantelamento da sanidade pública", e engadiu "a veciñanza ten que poder asistir ao seu médico todos os días".