A INICIATIVA URBANÍSTICA ESTÁ PROMOVIDA POLO IGVS E OUTROS PROPIETARIOS E PARA O BNG “NESTE CASO A XUNTA DEBE ACTUAR PROTEXENDO O PATRIMONIO MÁIS QUE COMO CONSTRUTORA”

O BNG levará ao Parlamento Galego unha pregunta sobre o impacto da nova urbanización da Tinería

IMG_3286

Olalla Rodil sinalou “o informe de patrimonio plantexa dúbidas, e nós entendemos que nas actuacións no entorno da Muralla non pode haber dúbidas”

O BNG levará ao Parlamento Galego unha pregunta sobre o impacto da nova urbanización da Tinería

Lugo, 6 de febreiro de 2018. O BNG levará ao Parlamento Galego unha serie de preguntas para aclarar cales son os resultados da avaliación ambiental que se está a levar a cabo sobre a nova urbanización que está prevista na zona da Tinería. Olalla Rodil sinalou que “é unha zona sensible na que conflúen 3 elementos Patrimonio da Humanidade e calquera actuación nese entorno debe contar con todos os informes e garantías necesarias para que sexa acorde co medio” en sinalou que “a iniciativa urbanística está promovida polo IGVS e outros propietarios e para o BNG, neste caso, a Xunta debe actuar protexendo o patrimonio máis que como construtora”.

Para o BNG “é unha boa nova que a Dirección Xeral de Calidade Ambiental decidise apartar o proceso da avaliación da vía simplificada para poder afondar nos efectos sobre a paisaxe urbana do casco histórico de Lugo que pode chegar a ter esta nova urbanización na que a Xunta de Galiza está implicada como promotora”. Rodil sinalou que “o informe emitido pola Dirección Xeral de Patrimonio é bastante claro a respecto de como a nova urbanización vai transformar o conxunto histórico máis importante da cidade” e engadiu “esto pode ter unhas nefastas consecuencias para a conservación patrimonial e de cara a perder o atractivo turístico que un barrio como a Tinería pode ter por conservar a súa configuración tradicional”.

A parlamentaria do BNG apostou tamén por dar continuidade ás excavacións arqueolóxicas iniciadas na zona e, ás que o PXOM da un nivel 1 de protección “haberá que estudar como se poden conservar e poñer en valor os restos que aparezan nestas excavacións e as posibles repercusións sobre os mesmos das novas construcións”. Rodil lembrou que “dende a chegada ao PP no goberno galego no ano 2009 non se fixo por este barrio, ademais de tentar malvender o patrimonio que Xestur ten no barrio e agora acometer esta urbanización a través do IGVS”. “Está claro que o interés do PP por promover a conservación deste barrio é nula e todas as actuacións que se plantexan son encamiñadas a desfacerse das responsabilidades que ten a Xunta” concluiu Rodil.

O BNG levará ao Parlamento Galego unha pregunta sobre o impacto da nova urbanización da Tinería