O BNG de Lugo realiza unha campaña de promoción do comercio local
Rubén Arroxo animou a “axudar coas nosas compras ás produtoras e produtores galegos neste Nadal”
As concelleiras e concelleiros nacionalistas entregaron distintivos da campaña nos distintos postos da praza de Abastos para visibilizar a campaña
Lugo, 27 de decembro de 2021. Os concelleiros e concelleiras do BNG realizaron hoxe na Praza de Abastos unha acción enmarcada na campaña de comercio local inicada a nivel de toda Galiza para promocionar o consumo de produtos de comercio local e de proximidade.
O portavoz do BNG, Rubén Arroxo, afirmou que “neste momento é máis importante que nunca colaborar na reactivación económica e social, e para isto o pequeno comercio vólvese imprescindible”.
Para dar comezo a esta campaña, o BNG elixiu a Praza de Abastos de Lugo como un exemplo, segundo afirmou Rubén Arroxo, “dun espazo onde podemos atopar o mellor dos produtos da nosa terra, onde se garante a proximidade e a calidade dos produtos que xeramos neste país”.