O BNG de Monterroso exixe a apertura do Centro de Día municipal
A asemblea local presentou, vía rexistro, unha iniciativa para a súa apertura
Monterroso, 08 de xaneiro de 2021. O Bloque Nacionalsita Galego en Monterroso exixe ao goberno municipal, a través dun escrito, que se dispoña abrir o Centro de Día municipal, o cal leva pechado dende 12 de marzo de 2020, o que está ocasionando dificultades as usuarias e usuarios no seu desenvolvemento vital.
Actualmente existen 18 familias afectadas polo peche deste servizo municipal, as que estan vendo como cada día empeora a súa calidade de vida e a falta de medidas para favorecer os coidados. Por esta razón, o BNG destaca a urxencia da reapertura do servizo, o cal debe activarse con todos os recursos humanos e materiais, garantindo o seu desenvolvemento con seguridade a través da incoporación de protocolos e medidas hixiénico-sanitarias para facer fronte á COVID-19.
Desde a formación local destacan que este recurso de titularidade municipal resulta un servizo público fundamental ademais dun dereito das persoas usuarias, a situación sanitaria non pode ser escusa para deixar de prestar servizos que, coma este, permiten gozar dunha maior conciliación e calidade de vida tanto ás persoas usuarias coma ás súas familias.
O BNG sinala que esta crise da COVID-19 pon de relevo que a vida e os coidados deben pasar ao centro das políticas públicas, que os servizos de atención ás persoas maiores e dependentes deben reforzarse e garantir que cheguen ao conxunto da poboación que os necesita.