“A FEDERACIÓN VECIÑAL DEBERÍA IMPLICARSE TAMÉN EN DEFENDER QUE OS 500.000 € DO PLAN ÚNICO DA DEPUTACIÓN QUE RECIBE O CONCELLO VAIAN DESTINADOS ÁS PARROQUIAS” DIXO ARROXO

O BNG ofrécese á Federación Veciñal para explicar en barrios e parroquias a súa posición sobre os orzamentos

IMG_20171220_113536

O presidente e o portavoz da Federación Veciñal achegaronse ao local do BNG e doutras forzas da oposición para tratar de xustificar o contido da nota emitida onte pola Federación, Arroxo propúxolles acompañalos na súa ruta  por barrios e parroquias para explicarlle á veciñanza a postura do BNG

O BNG ofrécese á Federación Veciñal para explicar en barrios e parroquias a súa posición sobre os orzamentos

Lugo, 20 de decembro de 2017. Despois das declaracións feitas dende a Federación Veciñal nas que se tentaba condicionar a decisión dos grupos políticos da corporación no relativo á votación do proxecto de orzamentos do concello.  Rubén Arroxo falou co presidente e co portavoz desta Federación e propúxolles acompañalos na súa ruta para explicarlle á veciñanza a postura do BNG.  Arroxo valorou positivamente o feito de que os directivos da Federación Veciñal se achegasen a xustificar e matizar o contido da nota de prensa emitida onte na que se redactaron párrafos como: No son admisibles posturas políticas que puedan frenar las inversiones previstas o el bloqueo de estas” ou “La Federación de Asociaciones de Vecinos, si por mayoría los grupos municipales deniegan apoyo al presupuesto exigirá explicaciones fuera el ámbito político a todos los ediles que no apoyen....”:

Arroxo lembroulles aos representantes da Federación Veciñal Lucense as numerosas propostas feitas polo BNG para mellorar a calidade de vida no concello de Lugo e lamentou a falta de posicionamento da propia federación en temas tan cruciais como a construción dunha zona pública de baño ou a venta dos inmobles da Tinería ademais o voceiro do BNG dixo que “a Federación Veciñal debería implicarse tamén en defender que os 500.000 € do Plan Único da Deputación que recibe o concello vaian destinados ás parroquias” e explicou “resulta sorprendente que esta Federación non se posicionase no momento en que o PSOE incumpriu o acordo que tiña co BNG na Deputación para utilizar no zona rural os 500.000 € do Plan Único e agora poña en marcha unha campaña para defender o rural”.

Rubén Arroxo aclarou que o BNG non vai apoiar estes orzamentos “por que dende o goberno o único que se fai é vender fume” e “foi o PSOE quen non tentou sentarse a negociar os orzamentos e lembroulles aos directivos da Federación os reiterados incumprimentos, por parte do goberno socialista, de partidas que se repiten ano tras ano como as destinadas a rematar a biblioteca da Piringalla, crear a zona pública de baño, o ascensor do Sagrado Corazón, etc...” O voceiro nacionalista insistiu no seu ofrecemento para acompañar aos directivos da Federación Veciñal e explicar en todos os barrios da cidade e nas parroquias cales son motivos do BNG para non apoiar os orzamentos propostos polo PSOE.

O BNG ofrécese á Federación Veciñal para explicar en barrios e parroquias a súa posición sobre os orzamentos