O BNG organiza un acto en defensa do sistema universitario público de Galiza
Será o vindeiro xoves, 20 de maio, ás 11 horas no salón de actos da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Contará coa ponencia de Rubén Arroxo, Ana García Arias e Manuel Lourenzo
Lugo, 19 de maio de 2021- O Bloque Nacionalista Galego organiza o acto “Universidade pública para todos e todas. Non á universidade privada” coa participación do tenente-alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, a profesora da USC, Ana Isabel García Arias, e o portavoz de educación no Parlamento galego do BNG, Manuel Lourenzo. Será o vindeiro xoves, 20 de maio, ás 11:00 horas no salón de actos da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPSE) do Campus Terra da USC en Lugo.
Con este acto, o BNG pretende extender á comunidade educativa o que suporía a implantanción da educación superior privada, no que o tenente-alcalde e portavoz municipal do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, sinalou que “queremos afondar nas políticas de privatización e desmantelamento dos servizos públicos, neste caso da universidade galega, que leva caracterizado o último decenio do PP no goberno”
Neste sentido, Rubén Arroxo destacou a situación da universidade galega “en Galiza existen tres universidades públicas e sete campus distribuídos por todo o territorio, non precisamos máis proxectos universitarios, o que se precisa é máis investimento para garantir o mellor desenvolvemento investigador e formativo” declarou Arroxo.