O BNG organiza unha charla informativa sobre o parque eólico do monte Reboiro

Falarán o consultor enerxético, Xosé Manuel Golpe, e a concelleira do BNG no Corgo, Pilar Bellón

Será este venres11 de marzo, ás 20:30 horas na Escola de Nenas, na parroquia de Folgosa

O BNG organiza unha charla informativa sobre o parque eólico do monte Reboiro

O Corgo09 de marzo de 2022.-O Bloque Nacionalista Galego no Corgo organiza unha charla informativa á veciñanza este venres ás 20:30 horas na antiga escola unitaria de Nenas, na parroquia de Folgosa.

Contará coas intervencións do consultor enerxético, Xosé Manuel Golpe e concelleira do BNG no Corgo, Pilar Bellón.

 

Pilar Bellón desluciu a finalidade deste acto ”desde o BNG facemos este tipo de encontros para que a veciñanza conte con toda a información posíbel e poida defenderse ante os ataques das grandes empresas enerxéticas”

 

Neste sentido, animou a veciñanza a participar nesta charla informativa “convidamos á veciñanza a que acuda a esta charla e descubra todo o relativo ao modelo eólico e as posibilidades que temos como cidadáns para actuar ante a súa instalación” dixo Pilar Bellón.

 

O BNG continua organizando este tipo de actos dentro da campaña “Nin Espolio, Nin Depredación. Enerxía eólica sustentábel, xusta e galega”, no que o Bloque denuncia o boom eólico que se está a producir en Galiza en favor dos intereses das grandes empresas do oligopolio eléctrico.

O BNG organiza unha charla informativa sobre o parque eólico do monte Reboiro