O BNG organiza un encontro para falar das perspectivas da PAC
Será o vindeiro 2 de maio, ás 16:30 horas na escola de Damil
Contará coa participación da deputada no Parlamento galego, Carme Aira, e o candidato do BNG á alcaldía de Begonte, Pablo Ares
O Bloque Nacionalista Galego en Begonte organiza un encontro aberto baixo título “Un café co BNG para falar da PAC” no que se debaterá e se amosará o contexto actual da Política Agraria Común e o estado do sector primario, así como as propostas do BNG neste eido.
Este encontro celebrarase o vindeiro martes, 2 de maio, ás 16:30 horas na escola de Damil. E contará coa participación da deputada e portavoz de desenvolvemento rural do BNG no Parlamento de Galiza, Carme Aira, e o candidato do BNG á alcaldía de Begonte, Pablo Ares.
Pablo Ares declarou “convido a todas as persoas que queiran saber que postura e alternativas ten o BNG sobre o sector primario, a que participe neste encontro, no que ademais pódese achegar suxestións e propostas”
“En Begonte a actividade agro-gandeira ten un potencial enorme, por isto, estar en contacto directo coas persoas que están todos os días traballando a terra é un privilexio e unha obriga para coñecer a súas preocupacións e visións de futuro, para mellorar e avanzar un sector fundamental para a sociedade” salientou o candidato do BNG á alcaldía.