O BNG impulsa o plan “Láncara forma e concilia”
O Bloque formula esta medida dentro do seu programna electoral para que desde o Concello de Láncara se avance en servizos públicos de calidade para fixar poboación
Iago Bande, candidato do BNG á alcaldía de Láncara “se queremos fixar poboación, é necesario aplicar medidas enfocadas nas familias”
O Bloque Nacionalista Galego en Láncara impulsará unha serie de medidas baixo o nome de “Láncara forma e concilia”, un plan no que se lle ofrecerá á veciñanza defierentes servizos destinados ás familias con crianzas e que contará con actividades e axudas para as nenas e nenos.
Iago Bande, candidato do BNG á alcaldía de Láncara, explicou a necesidade deste servizo “o BNG ten claro que desde o goberno municipal debemos impulsar servizos públicos de calidade e adptados a nosa realidade, e neste momento, se queremos fixar poboación, é necesario aplicar medidas enfocadas nas familias e nos nenos e nenas”
Deste modo, Bande destacou que este plan conta con “actividades extraescolares, actividades de lecer e aprendizaxe durante os periodos vacacionais, mais tamén, a creación dunha bolsa de axudas para material escolar e formativo; medidas sempre deseñadas xunto coa comunidade educativa e as persoas que traballan no eido da educación no concello”
Bande destacou que “no BNG temos unha forte convicción en que se queremos que o rural conte con xente, debemos afianzar servizos públicos. Traballamos para que vivir en Láncara sexa máis atractivo e cómodo, e a conciliación de traballo e familia é crucial para este feito,no que nais, pais e crianzas conten con máis máis benestar”