O BNG presenta unha candidatura “con Sarria no corazón” e lanzada a pola alcaldía

O BNG presenta unha candidatura “con Sarria no corazón” e lanzada a pola alcaldía

O BNG presentou as persoas que forman a súa candidatura ao goberno de Sarria nun acto celebrado este venres na praza de Santa Mariña, con intervencións do candidato á alcaldía Efrén Castro e das catro persoas que o acompañan nos primeiros postos da lista: Mónica López -actual concelleira e edila de Cultura durante o pasado goberno nacionalista en Sarria -, Sandra Barja, Ariadna Segalá e David Neira, así como da deputada parlamentaria Carme Aira,

Efrén Castro comezou suliñando os valores “dunha lista de mulleres e homes aos que nos une o noso amor por Sarria. Somos o mellor equipo e temos o mellor proxecto para a nosa vila por iso estou seguro que imos acadar a alcaldía” e contrapuxo esa fortaleza ás outras candidaturas. “Hai algunhas que nin sequera se poden tomar en serio e outros están movidas por odios persoais ou liortas internas. Non están propoñendo unproxecto para Sarria”.

O candidato nacionalista analizou a situación actual, “cun goberno municipal inmerso nunha especie de apatía e carente dun proxecto para Sarria”. “Non hai máis que pasear polas rúas ou zonas verdes do pobo para ver como están sucias descoidadas ou con falla de reparación de mobiliario urbano, por eso cando cheguemos a alcaldía impulsaremos nos 60 primeiros días un programa de restauración limpeza e coidado dos espazos verdes e urbanos por merecemos sentirnos orgullosxs do noso concello”.

Quédanos unha campaña de moito traballo para chegar a toda a veciñanza o noso proxecto transformador. No BNG xa temos demostrado que somos a única forza política capaz de levar cambios valentes para construír a Sarria que merecemos, con espazos urbanos humanizados que fagan de motor do comercio local”, concluíu.

 

Candidatura do BNG para as elección municipais 2023

 

1. EFRÉN CASTRO CALOTO Deputado de deportes, artesanía e deseño e memoria historíca

2. MÓNICA LÓPEZ RODRÍGUEZ Diplomada en ADE e traballadora de Inelcom

3. SANDRA BARJA NÚÑEZ Licenciada en Historia e Xefa de proxecto de telecomunicacións

4. ARIADNA SEGALÁ FARRÉS Licenciada en Historia

5. DAVID NEIRA RODRÍGUEZ Gandeiro e Veterinario

6. GERMÁN ARIAS LÓPEZ Luthier

7. MARÍA FERNÁNDEZ PÉREZ Estudante

8. LUÍS GONZÁLEZ VARELA Mestre

9. LUÍS ÁNGEL LÓPEZ MELLE Mestre

10. MARÍA DO CARME GARCÍA CONDE Licenciada en filoloxía galego portuguesa e Mestra

11. AINARA ALONSO OLIVEIRA Administrativa

12. FERNANDO JOSÉ LÓPEZ CAMPO Traballador de Inelcom

13. ADELA FERNÁNDEZ ARMESTO Gandeira ecoloxica

14. AITOR FREÁN CAMPO Doutor en Historia e Mestre

15. PAULA ARIAS PÉREZ Diplomada en relecións laborais

16. JESSICA LÓPEZ SOBRADO Gandeira

17. JOSÉ LUÍS CASTRO PÁRAMO Comerciante

Suplentes

1. XOSÉ ELÍAS SOMOZA REGUEIRO Vicepresidente de FRUGA

2. MARÍA ELVIRA PALLARES GALLEGO Auxiliar de enfermeria

3. MIGUEL ÁNGEL LÓPEZ FOJO Traaballador de Inelcom

O BNG presenta unha candidatura “con Sarria no corazón” e lanzada a pola alcaldía