Arroxo: “a partir do 28 de maio seguiremos traballando para garantir a accesibilidade en todos os espazos públicos”
O candidato do BNG fixo balance dos traballos realizados no presente mandato “buscando mellorar a calidade de vida de todas as persoas”
“Atendemos todas as peticións que nos chegaron no presente mandato, buscando un Lugo 100% accesible”, afirmou Rubén Arroxo
O candidato do BNG, Rubén Arroxo, anunciou que o BNG seguirá, a partir do 28 de maio, “traballando para garantir a accesibilidade en todos os ezpazos públicos de Lugo”. Arroxo explicou que “desde a nosa chegada ao goberno no 2019 traballamos para atender todas as peticións que nos chegaron por parte da veciñanza”.
O BNG, a través da área de Mobilidade e Infraestruturas, executou diversas actuacións para garantir a accesibilidade en todo o tecido urbano, “actuacións que van desde a mellora dos rebaixes, eliminando barreiras arquitectónicas, ata a construcción da pasarela de Fontiñas, solucionando os problemas de accesibilidade do centro de saúde de San Roque”.
"A partir do 28 de maio seguiremos mellorando a accesibilidade, facilitando que toda a veciñanza se poida desprazar con facilidade por todo o tecido urbano", explicou Arroxo, que engadiu "continuaremos traballando tanto na zona urbana como nas zonas periurbanas para que todas as persoas de Lugo poidan desfrutar do espazo público".