O BNG presenta unha proposta para o vindeiro pleno en apoio das persoas traballadoras do Grupo SADA
A proposta do BNG incide en que o goberno municipal debe establecer medidas para que parte de despece non se deslocalice
Olga García, candidata do BNG á alcaldía de Castro de Rei “defender o emprego e a economía local é unha prioridade para o BNG, polo que no vindeiro pleno esixiremos ao goberno municipal a que aplique medidas urxentes”
Castro de Rei, 28 de abril de 2023.- O BNG en Castro de Rei presentou unha proposta en defensa das persoas traballadoras do grupo SADA na súa planta de Castro Ribeiras de Lea, debido a que esta empresa ten previsto pechar parte da produción e deslocalizala.
A candidata do BNG á alcaldía de Castro de Rei, Olga García, declarou “desde o BNG estamos a traballar para que as traballadoras e traballadores da sección de despece do grupo SADA conten co apoio necesario para poder manter os postos de traballo en Castro Ribeiras de Lea; é unha prioridade neste momento fomentar medidas para que non se deslocalice a produción”
Neste senso, Olga García subliñou que “o BNG esíxelle ao goberno municipal a que solicite de xeito inmediato unha xuntanza co responsábel do grupo SADA xunto co comité de empresa para barallar alternativas á decisión de peche, e de igual modo, que se inste á Xunta de Galiza a que exerza as súas competencias como autoridade laboral para evitar a perda perda de emprego nesta planta”
O BNG xa mantivo un encontro e apoiou ás traballadoras e traballadores na concentración organizada polos diferentes sindicatos da planta do grupo SADA de Castro Ribeiras de Lea.