VECIÑAS E VECIÑOS DESTA ZONA DAS GÁNDARAS LEVAN TEMPO DEMANDANDO A MELLORA DO PAVIMENTO QUE ESTÁ TOTALMENTE DETERIORADO

O BNG pedirá o arranxo das rúa Aguia no barrio das Gándaras

“A atención aos barrios ten que ser prioritaria para un Goberno Municipal que aposte por un Lugo do século XXI” dixo Rubén Arroxo

O BNG pedirá o arranxo das rúa Aguia no barrio das Gándaras

Lugo, 22 de xuño de 2018. Ediles do BNG visitaron o barrio das Gándaras e anunciaron que levarán unha iniciativa á comisión correspondente para que se proceda á repavimentación da rúa Aguia. Neste momento a capa de rodadura do asfaltado desta rúa está totalmente deteriorado e dende fai anos non se fixo absolutamente nada para mellorar o seu estado. No barrio das Gándaras fixéronse melloras noutras rúas pero a rúa Aguia quedou esquecida polo goberno municipal.

“A atención aos barrios ten que ser prioritaria para un Goberno Municipal que aposte por un Lugo do século XXI” dixo Rubén Arroxo que sinalou que “veciñas e veciños desta zona das Gándaras levan tempo demandando a mellora do pavimento que está totalmente deteriorado”. O BNG ten feito numerosas propostas para a mellora de diferentes barrios da cidade “por que entendemos que a vida nos barrios é parte da vida da cidade e do concello e non poden quedar desatendidos” afirmou Arroxo.

O BNG pedirá o arranxo das rúa Aguia no barrio das Gándaras