A MODIFICACIÓN DO CAUCE DEBERÍA ESTAR INFORMADA E CONTAR COAS DEBIDAS AUTORIZACIÓNS MEDIOAMBIENTAIS E DA CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA

O BNG preguntará pola modificación no cauce do regato das Saamasas

“As excavacións previas á nova urbanización alteraron o cauce deste curso fluvial e queremos que o concello informe sobre esta alteración” dixo Rubén Arroxo

O BNG preguntará pola modificación no cauce do regato das Saamasas

Lugo, 22 de xuño de 2018. Os traballos de movemento de terras que se están a levar a cabo no que será a nova urbanización de As Saamasas provocaron cambios no cauce do regato que atravesa esta zona e que vai desembocar no río Miño. O BNG presentará unha serie de preguntas e rogos para que o concello traslade esta cuestión aos organismos correspondentes que deben autorizar e estar vixiantes a respecto destas alteracións de cauces hidrográficos. Segundo explicou Rubén Arroxo “a modificación do cauce debería estar informada e contar coas debidas autorizacións medioambientais e da Confederación Hidrográfica”.

Neste momento estanse desenvolvendo os traballos previos á urbanización desta zona dun enorme valor paisaxístico e medioambiental na que está prevista a construción de edificios de vivendas e unifamiliares. Nas operacións de movemento de terras alterouse o trazado do cauce de rego de As Saamasas e transformouse o seu entorno “entendemos que a empresa contará coas debidas autorizacións, pero dende o BNG imos a comprobalo por que xa houbo outras ocasións nas que se fixeron auténticas barbaridades sen permisos nin coñecemento das administracións”  afirmou Rubén Arroxo.

Rubén Arroxo referiuse á indignación que en moitas persoas está xerando “a destrución dunha das áreas medioambientais máis ricas da cidade como é As Saamasas” e lembrou “os atentados nesta zona repítense, sempre coa connivencia de PP e PSOE, primeiro permitiuse a construción dun hipermercado, despois autorizouse meterlle unha gasolineira a menos de 60 metros do río e agora arrasase unha zona de carballeiras para a especulación inmobiliaria”. Arroxo sinalou que a nova urbanización de As Saamasas foi “autorizada e planificada” nun PXOM aprobado por PP e PSOE ao que o BNG sempre se negou polo seu claro caracter especulativo.

O BNG preguntará pola modificación no cauce do regato das Saamasas