“SON MOITAS AS PERSOAS QUE BOTAN EN FALTA ESTES PANEIS INFORMATIVOS QUE INDICABAN, NAS RÚAS, A HORA E A TEMPERATURA” DIXO ARROXO

O BNG pedirá axilidade na colocación dos novos paneis reloxo-termómetro

termómentor
Imaxe: La Voz de Galicia

Rubén Arroxo lembrou que a principios de setembro foron retirados os 11 existentes na cidade e nada se sabe da colocación dos novos

O BNG pedirá axilidade na colocación dos novos paneis reloxo-termómetro

Lugo, 11 de xaneiro de 2019. O BNG presentará unha iniciativa na comisión correspondente para solicitar “máxima axilidade” na colocación dos novos paneis informativos, con reloxo e termómetro, en diversos puntos da cidade. Rubén Arroxo lembrou que a principios de setembro foron retirados os 11 existentes na cidade e nada se sabe da colocación dos novos.

O voceiro do BNG pediu “axilidade” na tramitación desta cuestión por que “era un asunto previsible” e debería terse contemplado co tempo a renovación destes paneis dos que xa se sabía que o remataba contrato coa anterior empresa adxudicataria”  informou Arroxo. Para o BNG “é unha mostra máis do desleixo deste goberno que non é capaz de anticiparse a ningunha xestión por mínima que sexa”.

Cando foron retirados os paneis que estaban situados en diferentes puntos da cidade, o goberno municipal anunciou a instalación de novos paneis dixitais.  “Pasaron máis de dous meses dende a retirada dos paneis instalados nas rúas e a día de hoxe non se sabe nada da instalación dos novos” sinalou Arroxo.

O BNG pedirá axilidade na colocación dos novos paneis reloxo-termómetro