RUBÉN ARROXO MANTIVO UNHA XUNTANZA CON REPRESENTANTES DE DIFERENTES COLECTIVOS COMO OS COLEXIOS PROFESIONAIS DE ARQUITECTOS, APARELLERADORES E ENXEÑEIROS INDUSTRIAS
O BNG pedirá a comparecencia en Pleno do reponsable de urbanismo para que de conta no retraso das licenzas
O retraso na concesión de licenzas de obra e actividade no concello de Lugo é de máis de 2 anos cando a media debería ser de 3 meses
Lugo, 7 de maio de 2018. “A parálise que sufre o concello de Lugo afecta tamén á concesión de licenzas de obras e esto está paralizando a recuperación do casco histórico e o acceso a axudas para a rehabilitación de edificios e vivendas” explicou Arroxo que sinalou que o tempo medio estimado para obter unha licencia no concello de Lugo é de máis de 2 anos cando a recomendación xeral é de que se tramiten en menos de 3 meses. Rubén Arroxo mantivo unha xuntanza con representantes de diferentes colectivos como os colexios profesionais de arquitectos, aparelladores e enxeñeiros industrias que manifestaron a súa preocupación polo retraso na tramitación das licencias no Concello de Lugo.
O BNG pedirá a comparecencia en Pleno do reponsable de urbanismo para que de conta no retraso das licenzas. Segundo o voceiro do BNG-AA “o retraso estase produción pola demora na supervisión do concello e esto provoca a imposibilidade real de poder cumprir calquera prazo establecido para a posible recepción de axudas no caso da rehabilitación de edificios”. Existen tamén moitas persoas afectadas, polos retrasos que se dan na concesión de licenzas de obra maior, cando pretenden construír ou facer reformas nas súas vivendas.
O retraso nas licenzas provoca o risco de que se poidan cometer infraccións urbanísticas por cambios de normativa que poden xurdir durante o tempo de espera antes de obter a licencia. “Pretendemos que o goberno local explique o motivo destes retrasos que afectan tanto ao sector da construción como a todas as veciñas e veciños que pretende mellorar as súas vivendas ou construílas, tanto no entorno rural como nos barrios ou na propia cidade” afirmou Arroxo.
O retraso na situación afecta fundamentalmente a zonas como o Casco Histórico no que resulta realmente complexo iniciar calquera obra de rehabilitación. Ademais da lentitude na tramitación da licenza hai que sumar a falta de adaptación do PEPRI aos tempos actuais e o necesario cumprimento da normativa en relación á protección do patrimonio. Outra das consecuencias é a rehabilitación de barrios da cidade nos que resulta case imposible acceder ás axudas públicas para a rehabilitación por que os tempos de obtención das licenzas fai practicamente imposible que as persoas que promoven a rehabilitación das súas casas poidan tramitalas e xustificalas en tempo e forma. O mesmo sucede na zona rural onde hai persoas que pretenden construír a súa vivenda unifamiliar e levan máis de 2 anos agardando pola licenza.