PARA O BNG “O QUE SUCEDE COA RESIDENCIA DE BALEIRA É REFLEXO DAS POLÍTICAS DO PP, FEITAS PARA ENTREGAR FONDOS PÚBLICOS A EMPRESAS PRIVADAS E PARA CACIQUEAR DE VOTOS”

O BNG pedirá explicacións no Parlamento polos retrasos e a privatización da Residencia de Baleira

IMG_1668

Olalla Rodil sinalou que “é inconcibible que o centro permaneza pechado e que despois de investir 1 millón de euros públicos se entregue á xestión privada”

O BNG pedirá explicacións no Parlamento polos retrasos e a privatización da Residencia de Baleira

Lugo, 9 de xaneiro 2018. A parlamentaria do BNG, Olalla Rodil, presentou unha serie de preguntas en relación aos retrasos e á privatización da Residencia de Baleira. Rodil sinalou que a Xunta vai privatizar a xestión da Residencia de Baleira e dar negocio a algunha empresa despois de que o 8 de xaneiro de 2018 o DOG publicara a resolución pola que se anuncia a licitación para a contratación da concesión do servizo asistencial de atención diúrna e atención residencial no centro de atención ás persoas maiores de Baleira. Para o BNG “o que sucede coa residencia de Baleira é reflexo das políticas do PP, feitas para entregar fondos públicos a empresas privadas e para caciquear de votos”.

Rodil lembrou as numerosas denuncias que o BNG ten feito por este asunto. A Consellaría de Política Social asegurou que o centro abrirá nos vindeiros meses despois de acumular continuos retrasos. Primeiro nas obras, que malia se iniciar en 2013 non remataron até hai un ano e medio. Posteriormente no equipamento da residencia, iniciado en setembro de 2017 e aínda sen rematar cando foi publicada a devandita resolución de licitación. Olalla Rodil sinalou que “é inconcibible que o centro permaneza pechado e que despois de investir 1 millón de euros públicos en equipamento se entregue á xestión privada”.

Nesta infraestrutura, que constitúe un servizo fundamental para a atención das persoas maiores, a Xunta de Galiza ten investido máis dun millón de euros públicos, porén, a súa xestión será finalmente privada. E o BNG preguntará no Parlamento cales foron as razóns que explican as continuas demoras na posta en funcionamento da residencia de maiores de Baleira e por que estivo o centro pechado ano e medio desde que finalizaron as obras de construción.

En relación á privatización do centro a Parlamentaria do BNG tamén preguntará por que non comezou a equiparse o centro até setembro de 2017 e por que despois de investir máis dun millón de euros públicos na construción e equipamento do centro, a Xunta de Galiza decide privatizar a súa xestión a través dunha concesión.

O BNG pedirá explicacións no Parlamento polos retrasos e a privatización da Residencia de Baleira