RUBÉN ARROXO LEMBROU QUE TAMÉN EXISTE UN ACORDO PLENARIO PARA CONVERTER O TRAMO DA AV. DA CORUÑA EN UNIDIRECCIONAL

O BNG pediu que o concello empece a traballar na implantación da velocidade 30 nas rúas unidireccionais

A Dirección Xeral de Tráfico prepara unha reforma do regulamento de circulación para extender as zonas 30 a todos os núcleos urbanos

O BNG pediu que o concello empece a traballar na implantación da velocidade 30 nas rúas unidireccionais

Lugo, 11 de decembro de 2018. Rubén Arroxo pediu que o concello de Lugo conte con partidas orzamentarias suficientes para “avanzar na implantación da velocidade 30 nas rúas da cidade”. Arroxo sinalou que a Dirección Xeral de Tráfico prepara unha reforma do regulamento de circulación de cara a que no ano 2019 todas as rúas unidireccionais e de un solo carril dos núcleos urbáns teñan velocidade limitada a 30 km/h. Arroxo sinalou “dende o BNG xa nos anticipamos e levamos tempo apostando por calmar o tráfico e incrementar as zonas peonís na cidade de Lugo”.

Para o BNG “supón unha boa nova que dende o goberno do Estado se establezan estas normas por que esto obrigará a que os gobernos municipais, como o de Lugo, se poñan a traballar para reducir o número de atropelos e de vítimas que se producen por atropelos na cidade”. Arroxo sinalou quen en Lugo se producen un gran número de atropelos e “está claro que reducindo a velocidade se reduce o posibilidade de atropelo e tamén as consecuencias dos mesmos no caso de producirse”.

Rubén Arroxo lembrou que tamén existe un acordo plenario para converter o tramo da av. da Coruña en unidireccional. O goberno municipal non fixo nada para converter o primeiro tramo da av. da Coruña en unidireccional nin tampouco se fixo a rotonda prevista no enlace da ronda da Muralla con esta avenida. Arroxo pediu lembrou que este acordo se tomou por unanimidade aínda que “cada vez que o PP fala deste tema renega do seu voto favorable, especialmente o candidato á alcaldía que xa ten criticado a limitación da ronda a 30”.

O BNG pediu que o concello empece a traballar na implantación da velocidade 30 nas rúas unidireccionais