MONTSE VALCÁRCEL:  "A PESARES DE TER UN ACORDO UNAMIME CONSEGUIDO POLO BNG NO PARLAMENTO GALEGO PARA INTENSIFICAR AS MEDIDAS TÉCNICAS PRECISAS PARA O CONTROL DA PRAGA DA RATATOUPA NA MONTAÑA LUCENSE O GOBERNO DA XUNTA DE GALIZA ENGANA AOS GANDEIROS GALEGOS COA INEXISTENCIA DESES CONTROIS E CON AXUDAS RIDICULAS"

O BNG pide explicacións no Parlamento Galego pola escasez das axudas aos gandeiros para frear a praga da rata toupa

A deputada do BNG no Parlamento Galego, Montse Valcárcel visitou  Pedrafita do Cebreiro para comprobar o trato que a Xunta de Galiza deu aos gandeiros para loitar con esta praga

Montse Valcárcel:  "A pesares de ter un acordo unamime conseguido polo BNG no Parlamento Galego para intensificar as medidas técnicas precisas para o control da praga da ratatoupa na montaña lucense o goberno da Xunta de Galiza engana aos gandeiros galegos coa inexistencia deses controis e con axudas ridiculas"

 

O BNG pide explicacións no Parlamento Galego pola escasez das axudas aos gandeiros para frear a praga da rata toupa

 

Pedrafita do Cebreiro, 16 de marzo de 2025 – A deputada no Parlamento galego do BNG, Montse Valcárcel, estivo en Pedrafita do Cebreiro acompañada por veciñanza da zona para comprobar de primeira man nunha explotación de vacún os efectos e danos que está a facer a rata toupa.

A rata toupa é un animal propio da Montaña, mais a súa errradicación estase a dificultar debido á súa grande extensión por motivos relacionados co cambio climático, de xeito que se está a converter nunha praga. A Montaña é a gran prexudicada da expansión, máis de 1800 hectáreas, principalmente de pastizal, fican afectadas. Porén, as explotacións padecen grandes perdas á hora de desenvolver a súa actividade.

A raíz de propostas do BNG levadas ao Parlamento Galego na lexislatura pasada a consellería sacou unha orde de axudas no ano 2023 na que se incluían como beneficiarios destas axudas os titulares de explotacións gandeiras situadas nos concellos das Nogais, Baleira, Becerreá, Cervantes, Folgoso do Courel, Fonsagrada, Navia de Suarna, Pedrafita do Cebreiro, Samos ou Triacastela. Nesta orde figuraban referencias planimétricas das parroquias e zonas afectadas pola praga da rata toupa.

A consellería do Medio Rural fixo publicidade desta orde de axudas na que o importe da axuda que se concedería a cada beneficiario sería de 300€/ha "mais a realidade foi ben distinta, unha vez mais o goberno da Xunta de Galiza engana aos gandeiros galegos, e a axuda final nos pagamentos realizados da mesma a penas se acadaron os 93€/ha. Esta misera axuada non alcanza para nada os danos causados por esta praga a que a consellería do medio rural e a Xunta non dan solución" explicou Montse Valcárcel.

Por isto, o BNG trasladou ao Parlamento de Galiza unha batería de preguntas para que a conselleria resposte o "porque do engano aos afectados no pago das axudas, xa que estas supoñen só unha terceira parte do prometido" Tamén a deputada nacioanlista pregunta "A Xunta de Galiza vai sacar algunha axuda real para paliar os danos desta praga en 2025?"

A deputada nacionalista siñalou "a rata toupa é un problema grave para as gandeiras e gandeiros da Montaña, exténdese sen parar, por isto desde o BNG facemos estas preguntas porque non se esta a controlar nin darlle solucións aos gandeiros para minguar os problemas que está a ocasionar".

Levamos varios anos onde estes roedores se están a estender cada vez por máis zonas e dende a Xunta obviase esta praga "vanse poñer a traballar dunha forma rápida e poñendo máis recursoos aos investigadores que están a traballar para controlar esta praga" conclúe Montse Valcárcel.

O BNG pide explicacións no Parlamento Galego pola escasez das axudas aos gandeiros para frear a praga da rata toupa