O BNG pide explicacións á Xunta sobre a inundación no HULA

Olalla Rodil
Olalla Rodil

Olalla Rodil “a Xunta ten que dar explicacións por qué se produciu a inundación e que medidas vai afrontar

O BNG pide explicacións á Xunta sobre a inundación no HULA

Lugo, 19 de outubro de 2022. O deputada do Bloque Nacionalista Galego no Parlamento galegoOlalla Rodilpresentará diversas preguntas no Parlamento esixindo ao Goberno da Xunta de Galiza explicacións polos feitos transcurridos no día de hoxe no hospital universitario Lucus Augusti de Lugo.

O bloque A no seu cuarto andar, veuse anegado de auga por mor das precipitacións destes días, ocasionando o encharcamento de habitacións e corredores do complexo sanitario.

A deputada do BNG por Lugo, Olalla Rodil, declarou “o persoal do HULA víuse na obriga de tirar toallas, sabas e pór caldeiros do lixo para achicar a auga, e isto non é aceptábel no mantemento dunha instalación sanitaria

Neste senso, a deputada destacou o propósito desta iniciativa “a Xunta ten que dar explicacións por que se produciu a inundación e que medidas vai afrontar para que non se volva a producir, cousa que xa no pasado tamén sucedeu”

 

 

O BNG pide explicacións á Xunta sobre a inundación no HULA