A exposición A Revolta dos Clicks acumula máis de 6.000 visitas
A mostra pode visitarse ata finais de mes no MIHL
Rubén Arroxo: “esta nova exposición busca repetir o éxito do ano pasado cunha nova mostra sobre a revolta irmandiña”
Lugo, 18 de outubrode 2021. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo anunciou que a exposicion A Revolta dos Clicks, organizada por AESCLICK e a Concellería de Cultura do Concello de Lugo, achegou xa a máis de 6.000 visitas no MIHL. Arroxo animou á veciñanza a visitar a mostra, que se pode ver ata o vindeiro día 28.
Rubén Arroxo destacou que esta mostra "é unha maneira espectacular e divertida de achegarse á historia de Galiza, unha actividade lúdica e formativa para toda a familia, na que estamos a repetir o éxito da mostra organizada o ano pasado".
Rubén Arroxo destacou "a infinidade de detalles que puxeron as integrantes de AESCLICK en cada un dos dioramas", e animou ás veciñas e veciños de Lugo e a todas as persoas que se acheguen durante o verán a visitar o MIHL e coñecer un anaco máis da historia da Galiza.
A Revolta dos Clicks consta de 5 dioramas, un central de 20 metros cadrados e outros catro de 4 metros cadrados cada un, nos que se atopan representados distintos momentos da revolta irmandiña e da vida nas poboacións galegas do século XV. Como o ano pasado, a mostra contará cunha audioguía, que se poderá escoitar escaneando o código QR habilitado en cada unha das zonas da mostra.