Felipe Rivas: “a Xunta de Galiza ten que ampliar espazos para poder prestar o servizo de comedores escolares”

Felipe Rivas
Felipe Rivas

O edil de Educación lembrou que o Concello de Lugo inviste máis de 200.000€ cada ano “en prestar un servizo que é competencia do goberno galego”

Rivas mantivo unha xuntanza coa comunidade do colexio Illa Verde, onde están a atopar importantes problemas co aforo do comedor

Felipe Rivas: “a Xunta de Galiza ten que ampliar espazos para poder prestar o servizo de comedores escolares”

Lugo, 17 de outubro de 2022. O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, vén de manter unha xuntanza con familias e directiva do colexio Illa Verde, xunto coa empresa concesionaria dos comedores escolares, de cara a buscar a mellor solución para a prestación do servizo de comedor escolar. Rivas explicou que “desde a concellería de educación trasladaremos á Xunta de Galiza a necesidade de ampliar os espazos destinados aos comedores escolares”.

O concelleiro de Educación afirmou que “cada vez máis familias optan polos comedores escolares, o que está facendo que en moitos centros os espazos habilitados non sexan acordes á demanda”. “Os comedores escolares son competencia da Xunta de Galiza, e debe ser a área de educación do goberno galego quen habilite máis espazos para cumplir coa demanda das familias”, explicou Felipe Rivas.

“O goberno de Lugo inviste máis de 200.000€ cada ano en prestar un servizo que a Xunta deixa de lado”, afirmou o concelleiro, que engadiu, “para que o Concello de Lugo siga facéndose cargo deste traballo, precisamos contar cuns espazos dignos que cumpran coas necesidades das familias”.

 

Felipe Rivas: “a Xunta de Galiza ten que ampliar espazos para poder prestar o servizo de comedores escolares”