A PISTA DE ACCESO A VARIAS VIVENDAS ESTÁ PRACTICAMENTE CORTADA E OS VEHÍCULOS CIRCULAN CON DIFICULTADE E UN SERIO PERIGO NO REGABAIXO

O BNG pide, en Rábade, a mellora no mantemento dos sistemas de drenaxe nas pistas do concello

IMG_8222r
Iván Sangiao no barrio de O Regabaixo

O voceiro, Iván Sangiao, visitou a zona inundada no barrio de  e sinalou “vese claramente que existe unha falta de limpeza e mantemento”

O BNG pide, en Rábade, a mellora no mantemento dos sistemas de drenaxe nas pistas do concello

Rábade, 31 de xaneiro de 2019. O actual voceiro do BNG en Rábade, Iván Sangiao, advertiu da situación na que se atopa o acceso ás vivendas de O Regabaixo. e reclamou unha maior atención aos sistemas de drenaxe no entorno das pistas do concello. O voceiro, Iván Sangiao, visitou a zona inundada no barrio de  e sinalou “vese claramente que existe unha falta de limpeza e mantemento”. Para o BNG “compre facer unha limpeza das cunetas e atender o desbroce das beiras dos camiños e das pistas e non agardar á época de chuvia”.

A pista de acceso a varias vivendas está practicamente cortada e os vehículos circulan con dificultade e un serio perigo. Ademais a auga desbordada do cauce natural existente está a invadir parte do terreo dunha vivenda na zona. Sangiao sinalou “seguiremos traballando para que Rábade teña atención do concello tanto na zona urbana como na zona rural”.

O BNG pide, en Rábade, a mellora no mantemento dos sistemas de drenaxe nas pistas do concello