MAITE FERREIRO SINALOU QUE “A ACCIÓN ANUNCIADA CONTA COA COLABORACIÓN DE INSTITUCIÓNS PÚBLICAS E PROGRÁMASE NUNHA INSTALACIÓN MUNICIPAL”
O BNG pide a retirada inmediata dun cartaz con mensaxe machista destinada ao público infantil
Para o BNG-AA “xa é cuestionable que unha acción mercantilista se faga para as crianzas, pero que a publicidade se dirixa unicamente a nenos é intolerable”
Lugo, 27 de abril de 2017. No transcurso do Pleno da Corporación do Concello de Lugo, a edil do BNG, Maite Ferreiro, esixiu a inmediata retirada dun cartaz no que se anuncia unha actividade para público infantil e na que se utiliza “de xeito manifesto” unha linguaxe “sexista pouco axeitada para estas alturas do século XXI”. Maite Ferreiro sinalou que a actividade conta coa colaboración de institucións públicas de caracter local, provincial e mesmo semella que con fondos europeos.
Ferreiro dixo que “non é tolerable que aínda que sexa organizada por unha asociación, non debemos transixir con este tipo de actuacións, e moito menos cando conta coa cobertura do concello e da deputación”. Maite Ferreiro, ademais, indicou que a actividade vai ter lugar nun centro de titularidade municipal como é o CEI Nodus.
Para o BNG-AA “xa é cuestionable que unha acción mercantilista se faga para as crianzas, pero que a publicidade se dirixa unicamente a nenos é intolerable”. A edil do BNG-AA lembro que “o concello de Lugo conta cunha casa da muller e unha concellalía na que se traballa pola igualdade e por acabar con este tipo de cousas para facer de Lugo un lugar máis igulitario e menos machista” por iso “todas e todos debemos de estar atentos a este tipo de cousas para erradicalas na medida do posible”.