RUBÉN ARROXO SINALOU QUE “UNHA COUSA É A REHABILITACIÓN E OUTRA OS PELOTAZOS E DESTINAR 815.000 € A UNHA CASA DE UNHA PLANTA SEMELLA MÁIS O SEGUNDO QUE O PRIMEIRO”

“Con 815.000 € pode facerse moito máis que arranxar unha casa” dixo Rubén Arroxo

IMG_3658

O voceiro do BNG-AA advertiu “estaremos vixiantes de como se adxudica esta obra anunciada polo PP a bombo e plato despois dunha década de abandono do barrio”

“Con 815.000 € pode facerse moito máis que arranxar unha casa” dixo Rubén Arroxo

Lugo, 27 de abril de 2017. O voceiro do BNG – Asembleas Abertas, Rubén Arroxo, visitou o inmoble número 15 da rúa Tinería para a que se anunciou unha inversión de 815.000 euros por parte de Xunta para a súa rehabilitación. “Con 815.000 € pode facerse moito máis que arranxar unha casa” dixo Rubén Arroxo e cuestionou que a rehabilitación deste inmoble chegue a estas cifras. O voceiro do BNG-AA cuestionou que o custe real da rehabilitación deste inmoble se poida achegar á cifra destinada polo Xunta.

Rubén Arroxo explicou que “coñecemos o procedemento e sabemos que no proceso de adxudicación esta cifra pode rebaixarse, mais sorprende que despois do abandono ao que o PP tivo sometidos os edificios propieade da Xunta agora se anuncie esta cantidade para unha única casa”. O voceiro do BNG-AA advertiu “estaremos vixiantes de como se adxudica esta obra anunciada polo PP a bombo e plato despois dunha década de abandono do barrio”. Rubén Arroxo sinalou que “unha cousa é a rehabilitación e outra os pelotazos e destinar 815.000 € a unha casa de unha planta semella máis o segundo que o primeiro”

Arroxo dixo que “en Lugo son moitos os veciños e veciñas que arranxan e rehabilitan as súas vivendas, incluso en zonas de protección urbanísitica especial como é o caso da Tinería e saben perfectamente o que custa unha obra deste tipo e entenderán que esta cantidade é desproporcionada e xenera desconfianza sobre a xestión destes fondos públicos”. “É certo que dende o BNG levamos tempo reclamando que se actue na Tieneria, pero destinar esta cantidade á rehabilitación dunha única casa que xa é propiedade da xunta resulta, cando menos, sorprendente” concluiu Arroxo.

“Con 815.000 € pode facerse moito máis que arranxar unha casa” dixo Rubén Arroxo