OLALLA RODIL INTERVIU NA CONVENCIÓN NACIONAL DO BNG EN SANTIAGO DE COMPOSTELA XUNTO A ANA PONTÓN E REUNIUSE EN LUGO CON INTEGRANTES DO PARTIDO CANTABRISTA QUE SE ACHEGARON A GALIZA PARA COÑERCER DE PRETO A PRECAMPAÑA ELECTORAL DO BNG

"O BNG, en pleno ascenso, é referente para moitas forzas soberanistas emerxentes no Estado", dixo Olalla Rodil

Olalla Rodil interviu na convención nacional do BNG en Santiago de Compostela xunto a Ana Pontón e reuniuse en Lugo con integrantes do Partido Cantabrista que se achegaron a Galiza para coñercer de preto a precampaña electoral do BNG

A candidata do BNG por Lugo afirmou que o BNG está listo para gobernar a Xunta de Galiza "con solvencia e coa presidencia de Ana Pontón"

"O BNG, en pleno ascenso, é referente para moitas forzas soberanistas emerxentes no Estado", dixo Olalla Rodil

 

Lugo, 28 de xaneiro de 2024.- A candidata do BNG por Lugo, Olalla Rodil, interviu en Santiago de Compostela, xunto a Ana Pontón, na convención nacional do BNG e reuniuse en Lugo con integrantes do Partido Cantabrista (ttps://cantabristas.com).

Na xuntanza estiveron presentes o Tenente Alcalde de Lugo e cargos orgánicos e institucionais do BNG. Militantes e cargos do Partido Cantabrista deprazaronse a Galiza para coñecer o funcionamento do BNG e vivir a precampaña das eleccións galegas do vindeiros 18 de febreiro.

"O BNG, en pleno ascenso, é referente para moitas forzas soberanistas emerxentes no Estado" dixo Olalla Rodil que engadiu "sempre hai a necesidade de expresar a identidade propia e as forzas soberanistas, con distintas fórmulas e nas diferentes zonas do estado, son quen ampara a identidade dos pobos e de representar as súas inquedanzas". "Temos que construír unha Galiza máis forte e orgullosa da súa identidade, afortalando a capacidade de decisión do pobo galego, avanzando no noso recoñecemento como nación e no noso autogobern" dixo Olalla Rodil.

Para o  BNG exite máis esperanza, porque o galego é un pobo digno e traballador que non se resigna a ver como nos van achicando, como van facendo a cada pouco este País máis pequeno. Neste cotexto, é preciso pór en marcha un plan de goberno ambicioso e de País que colla da man os sectores sociais, económicos e culturais máis vivos e dinámicos de Galiza para abrir unha urxente e necesaria fiestra de oportunidade. Un goberno que estea liderado, por primeira vez na historia de Galiza, por Ana Pontón, unha muller nacionalista coas mans libres para defender os intereses das galegas e galegos, sen ataduras.

"O BNG, en pleno ascenso, é referente para moitas forzas soberanistas emerxentes no Estado", dixo Olalla Rodil