OLALLA RODIL E DANIEL CASTRO REUNIRONSE CON MOZOS E MOZAS, DA COMARCA DE A MARIÑA, REFERENTES NO MUNDO CULTURAL E CREATIVO, TAMÉN ESTIVERON PRESENTES CARGOS ORGÁNICOS E INSTITUCIONAIS DO BNG
Rodil: "Temos a mellor mocidade, creativa e con inquedanzas culturais capaz de xerar eventos con repercusión internacional"
Olalla Rodil e Daniel Castro reunironse con mozos e mozas, da comarca de A Mariña, referentes no mundo cultural e creativo, tamén estiveron presentes cargos orgánicos e institucionais do BNG
A candidata do BNG por Lugo anunciou unha LEI GALEGA de dereitos culturais coordinada dende a administración e dixo que "a cultura ten que ser un dereito de toda a sociedade"
Lugo, 27 de xaneiro de 2024.- A candidata do BNG por Lugo, Olalla Rodil, acompañada do candidato da Mariña, Daniel Castro, das concelleiras e concelleiros do BNG, e de integrantes da formación en A Mariña acreditou na necesidade de "converte a cultura nun dereito de xeito que, ademais, xere riqueza; a expresión máis visíbel do que somos e de como entendemos o mundo mantendo unha identidade propia". Rodil explicou que "a Xunta de Galiza ten obriga de atender con políticas públicas específicas o desenvolvemento da creatividade e da cultura no noso país". "É preciso deixar atrás esta década negra de gobernos do PP para poñer en valor todo o potencial creativo que temos, proxectando desde Galiza un discurso cultural propio, unha ollada propia no mundo, dun xeito plural e aberto" dixo Rodil.
Dende o BNG fíxose fincapé en que "nos últimos quince anos o Partido Popular desmantelou, programa a programa e centro a centro, a cultura deste país. O Partido Popular é sinónimo de ataque constante a todo o que representa o potencial creativo e a identidade propia de Galiza, e Rueda-Feijóo son alumnos avantaxados do discurso españolista que hoxe representan as tres dereitas". Pola súa banda Daniel Castro, múmero 2 da candidatura nacionalista expresou que "o BNG acredita nunha cultura galega viva, con intención formadora no persoal e transformadora no social, que estimule a participación cidadá, apoie a creación artística, faga aínda máis visíbel a nosa produción cultural e actúe como elemento de dinamización, desenvolvemento e vertebración territorial, social e económica do noso país".
O modelo cultural que o BNG defende é integral e estratéxico, asume un compromiso investidor axeitado, capaz de deseñar e desenvolver o horizonte futuro ao que queremos chegar tendo en conta todos os planos en que a cultura se manifesta hoxe en día: o da creación, promovendo a formación, a investigación e a excelencia artística; o dos sectores culturais, apoiando a existencia dun tecido empresarial galego que sustente con profesionalidade, saber facer e independencia o talento artístico existente; o patrimonial, con políticas que favorezan a conservación e o aproveitamento sustentábel e responsábel do noso patrimonio e o poñan en relación coas dinámicas creativas actuais; e o sociocultural, promovendo a implicación activa do pobo e a implantación comunitaria das políticas e dos proxectos, a través da cooperación dos diferentes axentes culturais -asociativos, públicos e privados— existentes no territorio.