DURANTE A SEMANA QUE COMENZA O CONCELLO DE LUGO PROCEDERÁ AO REPINTADO DAS PRAZAS DE APARCADOIRO DO PATIO DO SEMINARIO QUE É PARA USO EXCLUSIVO DE PERSOAL MUNICIPAL

O BNG pregunta se o pintado do aparcadoiro do seminario é para abrilo ao público tal e como anunciara a alcaldesa

IMG_20171027_132552

A alcaldesa, Lara Méndez, anunciara o pasado mes de marzo da creación de 7 aparcadoiros disuasorios na cidade e outro a maiores neste espazo do concello

O BNG pregunta se o pintado do aparcadoiro do seminario é para abrilo ao público tal e como anunciara a alcaldesa

Lugo, 28 de outubro de 2017. O goberno municipal ordenou que, durante a semana que comenza, se proceda ao repintado das prazas de aparcadoiro do patio do edificio do Seminario, un espazo que está reservado para o estacionamento de vehículos do persoal municipal e da propia corporación. O BNG pregunta se o pintado do aparcadoiro do seminario está relacionado co anuncio da alcaldesa do pasado mes de marzo, cando afirmou que se abriría para o uso do público en xeral. Naquel momento a alcaldesa tamén anunciara a creación de 7 aparcadoiros disuasorios dos que nada se volveu saber.

“Das intervencións feitas no pleno do pasado xoves e do feito que o concello vai entregar aos bancos varios millóns de euros para saldar préstamos, dedúcese que a situación orzamentaria é óptima para poder acometer investimentos que faciliten a vida das persoas que vivimos en Lugo” dixo Rubén Arroxo que apostou por “dar solución aos problemas de aparcamento que se sufren nesta cidade” e engadiu “ademais de anuncialos, nada se fixo para crear os necesarios aparcadoiros disuasorios que serían parte da solución aos problemas de aparcamento”.

Arroxo lembrou que no pasado mes de febreiro o pleno da corporación lucense aprobou unha iniciativa do BNG – Asembleas Abertas para buscar acordos cos propietarios dos predios sen edificar co fin de darlles un uso alternativo e un mes máis tarde o goberno anunciaba acondicionar espazos no entorno da rúa Dinan, na zona verde de Xosé Novo Freire, no enlace de río Sil –Infanta Elena, na rúa Manuel Portela, na zona entre a rúa do Buxo e Manuel María, nas proximidades do Agro do Rolo e o aparcadoiro do Edificio Administrativo do Concello do Seminario, “en realidade non se fixo nada” concluíu Arroxo.

Prazas pequenas nos aparcadoiros soterrados

O voceiro do BNG lembrou tamén que, a mediados de xaneiro e tras unha proposta do BNG, o goberno anunciou o redimensionamento das prazas de aparcamento dos parkings soterrado que son concesión municipal. “Igual que a sistema ORA e os aparcadoiros disuasorios tampouco nada se fixo por avanzar en aumentar o tamaño das prazas de aparcamento dos aparcadoiros de Sto. Domingo, a praza do Ferrol e a pza. da Constitución” dixo Arroxo que anunciou “dende o BNG seguiremos traballando para aportar solucións ao problema de aparcamento que ten esta cidade e que non se soluciona pola falta de vontade deste goberno”.

O BNG pregunta se o pintado do aparcadoiro do seminario é para abrilo ao público tal e como anunciara a alcaldesa