MAITE FERREIRO INCIDIU EN QUE “É UNHA SITUACIÓN ESPERPÉNTICA, PROVOCADA POR UNHA DECISIÓN POLÍTICA QUE O GOBERNO QUERE OCULTAR ESCONDÉNDOSE TRAS DOS TÉCNICOS”

O BNG preguntará no pleno polo cambio nos criterios de adxudicación nas casetas e nos caldeiros do polbo

IMG_20160912_141925
Maite Ferreiro co cartaz do San Froilán 2016

A existencia dunha garantía previa a adxudicación supoñía un importante filtro para evitar que a especulación entrase a formar parte do que debe ser un beneficio para as festas do San Froilán

O BNG preguntará no pleno polo cambio nos criterios de adxudicación nas casetas e nos caldeiros do polbo

Lugo, 12 de setembro, 2016. O BNG rexistrou unha pregunta dirixida ao goberno municipal para que se dea contestación á mesma durante a celebración do vindeiro pleno do 29 de setembro. Maite Ferreiro sinalou que “despois do esperpéntico serial provocado polo goberno municipal ao adxudicar a explotación das casetas do polbo e os caldeiros o goberno terá que dar explicacións a corporación que representa ás veciñas e veciños de Lugo”.

“este ano non hai polbo nin no cartel, o plato está baleiro e as tixeiras sen estrenar”

Maite Ferreiro informou que, con respecto ás bases de adxudicación do ano 2011, “nas deste ano elimináronse os baremos de solvencia técnica, financieira e económica que tiñan que presentar as empresas que se presentaban para conseguir a adxudicación das casetas e caldeiros do polbo” e engadiu “coas bases que fixo o goberno municipal calquer tipo de empresa ou persoa se podía presentar, incluso un taller mecánico podería facelo”.

Ferreiro sinalou, tamén, que “outra das modificacións foi a eliminación da garantía económica previa que debían presentar quenes concurrían á subasta”. No prego de condicións do ano 2011 os licitadores debían ingresar unha garantía económica do 3% de valor de saída de cada unha das instalacións e “isto”.

O BNG preguntará no pleno cales foron os criterios que seguiu o goberno municipal para eliminar dos pregos a necesidade de xustificar a solvencia financieira, técnica e económica, asi como a garantía provisional antes da adxudicación das concesións e primou, unicamente, a oferta económica para a selección e adxudicación.

Cartel sen polbo

Maite Ferreiro ironizou co feito de “este ano non hai polbo nin no cartel, o plato está baleiro e as tixeiras sen estrenar”. A edil do BNG lembrou que “a falta de cariño que a concelleira socialista demostra polo San Froilán e a deixadez nas decisións que se toman sobre a festa grande do outono galego empezaron, este ano, coa polémica sobre o cartaz das festas”.

O BNG preguntará no pleno polo cambio nos criterios de adxudicación nas casetas e nos caldeiros do polbo