O BNG RECLAMA NOVOS PASOS DE PEÓNS QUE PERMITAN UN ACCESO SEGURO ÁS PARADAS DE BUS PRÓXIMAS A PIÚGOS

O BNG presenta á veciñanza de Piúgos as propostas para mellorar a seguridade na estrada de Portomarín


Rubén Arroxo, acompañado pola deputada Montserrat Valcárcel e por Cristina López, concelleira do BNG en Lugo mantivo unha xuntanza con veciñas e veciños de Piúgos para presentar a proposición que se debaterá no pleno de finais de setembro e as propostas que o BNG trasladará ao Parlamento de Galiza

O BNG reclama novos pasos de peóns que permitan un acceso seguro ás paradas de bus próximas a Piúgos

O BNG presenta á veciñanza de Piúgos as propostas para mellorar a seguridade na estrada de Portomarín



Lugo, 04 de setembro de 2024. O portavoz do BNG de Lugo, Rubén Arroxo, acompañado pola deputada Montserrat Valcárcel e por Cristina López, concelleira do BNG en Lugo achegouse ata Piúgos onde mantivo un encontro con veciñas e veciños onde presentou as propostas que se defenderán no vindeiro pleno municipal e no Parlamento de Galiza para reclamar á Xunta que actúe para mellorar a seguridade viaria na estrada de Portomarín. O BNG presentou unha batería de propostas para mellorar a seguridade nas estradas de titularidade galega que comunican o concello de Lugo. Arroxo explicou que "defenderemos que a Xunta de Galiza mellore as condicións das distintas estradas, que afectan a núcleos de poboación de Lugo, e onde a veciñanza reclama importantes melloras de seguridade viaria".

O BNG reclama que a estrada de Portomarín conte con pasos de peóns que faciliten un acceso seguro ás paradas de bus que se atopan ao longo do percorrido, dado que na actualidade só hai un ao comezo, na súa intersección coa Estrada Vella de Santiago. A proposta presentada polo BNG reclama tamén máis pasos de peóns na estrada de Friol, onde non se conta con ningún malia contar con partes que percorren o Camiño Primitivo, e na estrada da Fonsagrada, atendendo ás peticións da veciñanza que se está a mobilizar para reclamar máis seguridade viaria.

Arroxo afirmou que estas zonas da cidade "están a ser marxinadas por parte da Xunta, as veciñas e veciños teñen dereito de contar con infraestruturas e servizos seguros e que faciliten e se adapten ás necesidades dos seus habitantes".

O BNG presenta á veciñanza de Piúgos as propostas para mellorar a seguridade na estrada de Portomarín